Os populares reclaman unha mellora na sinalización, tanto vertical coma horizontal, para mellorar a seguridade así como habilitar cunetas rebasables para evitar que os vehículos metan as rodas naqueles puntos nos que as cunetas son de maior profundidade
Lugo, 23 de novembro de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular Antonio Ameijide e Jesús Núñez, xunto ao voceiro do PP en Becerreá, Xosé Fernández Carrete, e concelleiros do PP no municipio revisaron a estrada provincial LU-P-0701 que coas obras de renovación da autovía A6 “asume agora todo o tráfico procedente da costa e do occidente asturiano e non está preparada para tal volume de circulación”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que “puidemos comprobar como esta estrada provincial asume agora todo o tráfico que se desvía por mor das obras da autovía e non ten capacidade para asumir tal volume de circulación xa que se discorre por varios núcleos de poboación e o perigo é real”.
Coas obras de renovación da A6, a estrada LU-P-0701 asume moito tráfico xa que como consecuencia destas obras todos os vehículos teñen que empregar esta estrada para chegar a Becerreá e logo poder incorporarse a autovía.
Ameijide sinala que dende a Deputación de Lugo tiñan que terse coordinado co Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible para garantir un desvío alternativo “apto para asumir todo este tráfico”. “Menos mal que ambas administracións están gobernadas pola mesma cor política e o Ministerio de Transportes polo ministro ao que premiaron en Lugo, de non ser así non queremos imaxinar a que nivel de caos circulatorio se tería chegado nesta estrada”, afirmou.
Dende o Grupo Provincial Popular reclaman unha mellora na sinalización, tanto vertical como horizontal, para mellorar a seguridade, xa que hai moitos puntos con pouca visibilidade pola maleza e pola existencia de curvas pechadas. “Xa se produciron varios accidentes e a diario pode verse como hai moitos camións que teñen serias dificultades para poder circular”, sinalaron.
Tamén sería preciso habilitar cunetas rebasables en varios puntos para evitar que os condutores corran riscos xa que hai varias zonas nas que as cunetas son profundas.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.



