Os deputados provinciais do Partido Popular xa levaron ao pleno do mes pasado esta iniciativa, pero socialistas e nacionalistas negáronse a debater a proposta pola vía de urxencia
Lugo, 22 de novembro de 2024. O Partido Popular reivindica a implicación do Goberno de Sánchez para garantir a continuidade da actividade e dos empregos da factoría de Alcoa na Mariña e agarda que PSOE e BNG apoien no Pleno da Deputación de Lugo unha iniciativa para esixir ao Executivo estatal a convocatoria da mesa de seguimento do pacto e medidas de apoio que contribúan á viabilidade da planta. Así o trasladaron o portavoz, Antonio Ameijide, e o viceportavoz do Grupo Provincial Popular e alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, durante unha visita á planta.
Os deputados do PP xa levaron ao pleno do pasado mes de outubro esta iniciativa pola vía de urxencia, pero PSOE e BNG negáronse a debater a proposta “a pesar de ser coñecedores da situación de incerteza que sofren os traballadores” e de que “deixar pasar o tempo non xoga ao seu favor”.
Salgueiro explica que “o Ministerio está incumprindo unha parte do pacto que lle compete, como é a convocatoria da mesa de seguimento cunha periodicidade trimestral e que debería ter celebrado unha reunión antes de finais de setembro”. Dende o anterior Pleno da Deputación, pasou preto dun mes e o Ministerio segue sen convocar esa mesa de seguimento, que sería o escenario máis axeitado para abordar entre os representantes da empresa, dos traballadores, do Goberno e da Xunta a proposta de acordo de Alcoa cun socio inversor, Ignis, para a continuidade das operacións e que “está condicionado ao apoio do Goberno de España”.
A proposta que os populares rexistraron esta semana recolle esixir ao Goberno de España axudas públicas que garantan o investimento para a modernización da planta no mesmo sentido que as que recibiron outras empresas tamén declaradas estratéxicas polo Estado; así coma o compromiso para a consignación dos 80M$ (74M€) correspondentes ás compensacións da compra dos dereitos de emisión de CO2 indirecto e o aumento da dotación orzamentaria ata o máximo legalmente permitido pola normativa europea para compensar os custos indirectos por CO2 da industria electrointensiva.
Salgueiro subliña que “a planta de Alcoa na Mariña, a única que produce aluminio primario en España e que foi declarada estratéxica durante a pandemia, merece o mesmo trato que outras empresas que obtiveron a mesma distinción por parte do Estado como Telefónica, Air Europa e, máis recentemente, Arcelor, entre outras, que si recibiron axudas públicas”.
AUTORIZACIÓN DOS PARQUES EÓLICOS: XUNTA SI, GOBERNO NON
Os populares tamén urxen ao Goberno de Sánchez a autorizar os parques eólicos vencellados á produción de enerxía para a factoría mariñá a prezos competitivos a través dos contratos PPA, toda vez que “o Goberno de España, único competente na materia, non foi capaz de abaratar o prezo da enerxía para as industrias electrointensivas e, polo tanto, non poden dispoñen das mesmas condicións que as súas competidoras europeas”.
Os deputados provinciais do PP lembran que “o pasotismo do Goberno de España que está a lastrar a competitividade da planta” contrasta co compromiso da Xunta de Galicia que “xa ten amosado o seu apoio” tendo xa autorizados os parques eólicos da súa competencia e a ampliación da balsa de lodos.
O CONGRESO APROBA ESIXIR AO GOBERNO DE SÁNCHEZ GARANTIR A COMPETITIVIDADE DAS INDUSTRIAS ELECTROINTENSIVAS
O PP logrou aprobar no Congreso -co voto en contra do PSOE e a favor do BNG, excepto no segundo punto que se abstivo- unha iniciativa que defendeu o deputado lucense e portavoz do Grupo Popular en materia de Industria, Francisco Conde, para instar ao Goberno de Sánchez a garantir a competitividade da planta de Alcoa na Mariña e a industria electrointensiva.
Concretamente, o Congreso dos Deputados acordou instar ao Goberno de España a cumprir os seus propios prazos impostos no Real Decreto-ley 23/2020 no que se refire á tramitación de proxectos de xeración a partir de fontes renovables; e asumir as posibles responsabilidades patrimoniais para as empresas -non só enerxéticas, senón tamén industriais- que se viron gravemente prexudicadas ante os erros de incumprimento dos prazos fixados polo propio Goberno. E tamén a modificar o Estatuto dos consumidores electrointensivos para asegurar que as industrias en España podan competir en igualdade de condiciones no mercado europeo, incrementando a dotación presupostaria para as axudas ao sector ata o límite do 25% dos ingresos de dereitos de emisión de CO2, conforme ao permitido pola Directiva Europea; e axilizar a tramitación e activación de poxas específicas de enerxía renovable para consumidores industriais intensivos en enerxía.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



