Este edificio construído en 1986 e cunha superficie de 777m2, destinado a múltiples usos e que alberga tamén a biblioteca e unha sala de exposicións, acusa a falta de mantemento, con diferentes danos por filtracións de auga en lucernarios e cubertas
Lugo, 7 de novembro de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco Seoane, anunciaron este xoves na capital chairega un acordo de colaboración entre ambas institucións para mellorar, con máis de 133.000€, a cuberta da Casa da Cultura. Acompañounos o arquitecto municipal para darlles a coñecer as necesidades desta instalación, situada no centro da vila, e que segundo o mandatario provincial “é fundamental na dinamización social e cultural da veciñanza”.
Tomé Roca enmarcou esta colaboración na política de cooperación “aberta e leal” que mantén cos 67 concellos da provincia porque “é a maneira de prestar o mellor servizo aos máis de 320.000 veciños e veciñas do noso territorio”. Destacou que este acordo “servirá para mellorar as condicións dun edificio emblemático como é a Casa da Cultura de Vilalba que, tal e como me comentou a Alcaldesa, empregan a diario moitos veciños e veciñas porque acolle actividades culturais e sociais de todo tipo”.
Detallou o Presidente que se está a traballar nos termos da colaboración, pero a idea é que a Deputación asuma preto do 80% do investimento, asumindo o Concello de Vilalba o 20% restante.
O edificio, construído en 1986 sobre unha antiga cárcere, ten unha superficie de 777m2 e acusa a falta de mantemento, con diferentes danos por filtracións de auga en lucernarios e cubertas. As actuacións previstas no proxecto de mellora son: a instalación dunha nova cuberta de zinc, substitución de baixantes, canlóns e os lucernarios existentes de policarbonato por uns de vidro. Tamén se mellorará parte do alumeado e do saneamento, actuacións na recollida de lixo e os acabados cun illamento térmico baixo cuberta.
Marta Rouco agradeceu a colaboración da Deputación e valorou durante a visita que este acordo “permitirá rematar dunha vez por todas cos problemas de auga na Casa da Cultura. Unha obra moi necesaria, que leva moitos anos pendente de facerse e porque é moi utilizada porque acolle moitos servizos como a hemeroteca, a oficina de turismo, que ten salón de actos e sala de exposicións e mesmo é utilizada como sede dalgunha asociación local”. Explicaba a Rexedora que xunto co Auditorio municipal, que acolle os actos de maior envergadura, a Casa da Cultura situada na praza Suso Gayoso é o espazo no que se concentran a maioría das actuacións públicas do municipio.




















O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.



