Foron moitas as veces que dende a oposición criticamos o abandono que sufrían as parroquias e a zona rural. Tantas veces como prometemos que si chegábamos ó goberno, tomaríamos nota e actuariamos dende o primeiro momento. E aquí estamos e somos conscientes de que aínda queda un longo traballo por facer, pero en pouco máis dun ano xa se fixo moito.
Co Plan Avanza Rural, unha das primeiras medidas que tomamos foi actuar nas PISTAS DE TERRA, era moi necesaria e tamén moi demandada por gandeiros e agricultores. Dende a concentración parcelaria, hai máis de trinta anos, pouco ou nada se volveron limpar. ¿Qué fixemos nós? Xestionar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia que se traduce nunha motoniveladora, camión e pala e xa se limpou toda a costa. Agora queda unha segunda volta para poñer zahorra e xa vamos empezar nas parroquias do interior. Ademais hai tres tractores traballando e cada tractor ten asignadas as súas parroquias e por fin temos unha limpeza programada.
PLAN DE ADECENTAMENTO DE ESPAZOS PÚBLICOS, porque na zona rural tamén hai que coidar a estética e conservar os espazos públicos a longo prazo, non facer todo para a foto do momento e esquecerse. Non é o mesmo atar os contedores de calquera xeito que facer unha base de pedra e poñer uns suxeita contedores adecuados e de longa durabilidade. As cousas non se deben facer para a foto, senón para que se conserven no tempo. ¿Cómo nos atopamos os BANCOS e as MARQUESINAS? PODRES! Pois tamén se están recuperando nos talleres municipais, substituíndo as táboas podres e tratando a madeira. Non se trata de tirar e mercar outras, trátase de INVERTIR e CONSERVAR.
AS FONTES!! Moitas delas comidas pola maleza e a maioría tupidas. É a nosa obriga velar polo valor do noso patrimonio. Debemos arranxar pero tamén conservar, doutro xeito é “tirar os cartos”. Insistimos en que é moi importante xestionar orzamento para invertir e este goberno xa o está facendo, pero tan importante é conservar. Si as fontes tivesen un mantemento, agora só sería seguir conservando e poderíamos invertir noutras cousas, pero como o abandono foi absoluto durante vinte anos, temos que invertir de novo para a súa recuperación. ESTAMOS INVERTINDO 20.000€ NAQUELO QUE SÓ DEBERÍA NECESITAR CONSERVACIÓN!
O mesmo pasa coas INFRAESTRUCTURAS, 315.000€ de inversión e xa actuamos en Lourido, Frieira e Remourelle ou a estrada da costa que xa empezaron as obras e terá unha inversión de 370.000€, unha carretera moi demandada tanto a nivel turístico como rural xa que é unión de todas as parroquias da costa. No primeiro ano de goberno, invertindo 685.000€.
Nós criticamos e prometemos dende a oposición e actuamos dende o goberno, outros prometen dende o goberno sen actuar e critican dende a oposición o que eles non fixeron.
En fin, RIBADEO AVANZA e o rural avanza con él, e nós seguiremos traballando arreo, facendo o que prometemos e defendendo os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños.
Grupo Municipal Popular de Ribadeo

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



