Denuncian que a instrución de horarios, que se atopa xudicializada, non é eficaz para controlar axeitadamente as frotas con maior risco de incumprimento
Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2024. Os sindicatos CCOO, CSIF, UGT, CIG e ELA convocan mañá sábado, 23 de novembro, unha protesta para esixir mellores condicións na inspección pesqueira e a modificación ou retirada da instrución que regula os horarios desta actividade. A mobilización terá lugar das 10:30 ás 13:00 fronte á Confraría de Pescadores de Celeiro (Viveiro), cadrando coas XXVIII Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro.
As organizacións sindicais denuncian que as inspectoras e inspectores de pesca levan máis dun ano traballando segundo o disposto na nova instrución de horarios, imposta unilateralmente polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Ministerio de Política Territorial. «Quedou demostrado que é claramente inoperativa para alcanzar os obxectivos de inspeccións marcados» tanto por institucións estatais como internacionais. A dita instrución atópase xudicializada nestes momentos.
«Ademais de ineficaz e ineficiente, supón un desperdicio de diñeiro público», reprochan os sindicatos, xa que moitas inspeccións se programan en horarios en que non hai actividade pesqueira e, pola contra, non están presentes nos momentos con maior necesidade de control.
Isto tamén produce o «desaxuste» na presión realizada pola inspección, provocando «sobreinspección» das frotas que máis cumpren a normativa, mentres que as que presentan maiores riscos de incumprimento vense sometidas a menor control.
Desde o colectivo de inspectores e inspectoras de pesca tamén protestarán para o recoñecemento do seu labor profesional, así como para pedir melloras laborais e retributivas acordes ao seu traballo. Os sindicatos non descartan convocar unha folga para instar o Goberno de España a considerar as súas peticións.





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.



