A Mariña, 12 de novembro de 2024. Remataron a pasada fin de semana os Obradoiros e os Plans con Corazón, organizados pola Mancomunidade de Concellos da Mariña. Estas programacións tiveron unha moi boa acollida entre os asistentes.
Nos últimos Obradoiros desenvolvidos con Artesanía do Pasatempo e Esquina Atlántica en Mondoñedo, un de Kintsugi e outro de Rakú participaron en total 20 persoas – o total do aforo dispoñible – chegadas de Foz, Mondoñedo, Burela e Cadavedo (Asturias).
Por Ourol, A Pontenova, Viveiro e Riotorto tiveron lugar o sábado e o domingo os últimos Plans con Corazón deste outono.
O pasado sábado os asistentes á ruta Forxados a lume, na Pontenova, puideron achegarse aos fornos de calcinación de ferro, destacando o tranvía aéreo, os túneles, a mina Consuelo e a paisaxe. E tiveron a oportunidade de visitar o taller de J. Rodil, ferreiro con máis de 30 anos de experiencia, que lles amosou como se elabora artesanalmente unha navalla dende cero. Ana Pena foi a encargada de guiar esta visita á que acudiron nove persoas procedentes de Foz, Lugo, Burela e Barreiros.
Moi boa acollida tivo a ruta polos cemiterios indianos, en Ourol, na que os asistentes observaron tamén varias casas indianas así como a Sociedade Agraria. Visitaron os campos santos de Ourol, Miñotos e Xerdiz e recibiron un libro como agasallo. Esta visita foi conducida por Noela Feal e na mesma participaron 21 persoas chegadas desde Viveiro, Burela, Sarria, Serantes (Asturias), A Coruña, Lourenzá, As Pontes, Santiago de Compostela e Foz.
O domingo desenvolveuse a ruta ás Minas da Silvarosa, en Viveiro, Cando a biodiversidade se fai dona do patrimonio industrial. O guía Boris Vilar contou coa colaboración de Ramiro Mel como embaixador local, representando á Comunidade de Montes de Vieiro. Os asistentes (17 persoas procedentes de Monforte, A Estrada, Barreiros e Viveiro) coñeceron distintos espazos vencellados ao antigo complexo mineiro, comprenderon a historia, vivencias e aspectos sociais dunha das minas de ferro máis importantes de Galicia.
As bondades da natureza, en Riotorto, foi o último Plan con Corazón deste outuno de 2024. Ana Pena foi a encargada de guiar esta ruta na que os participantes descubriron as bondades desta terra e a importancia que tivo o oficio de ferreiro. Como colofón visitaron a Adega Pedro Leivas para coñecer as súas instalacións e probar a súa sidra salvaje acompañada con produtos locais. 17 persoas realizaron esta ruta, chegadas desde Ribadeo, Lugo, Burela, Foz, Alfoz, Lourenzá, A Pontenova, Vilalba e A Coruña.
En total foron 16 rutas por 16 concellos as realizadas entre o 5 de outubro e o 10 de novembro e seis os obradoiros programados e realizados entre o 31 de outubro e o 10 de novembro, que de xeito conxunto dinamizaron as fins de semana do outono mariñán.
Estes proxectos Obradoiros e Plans con Corazón foron promovidos pola Mancomunidade de Concellos da Mariña, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



