Sinala que o modelo actual para as augas do norte é prexudicial para Galicia ao comprender zonas CIEM demasiado amplas e que están afectadas pola sobre explotación de países do norte de Europa de grandes peláxicos
Viveiro, 21 de novembro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, defende unha maior axilidade e transparencia na negociación das cotas co Reino Unido, debido á importancia que ten o caladoiro do Gran Sol para a frota galega.
O responsable autonómico, tal e como manifestou na inauguración das XXVIII Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro, que se celebran ata o sábado en Viveiro, tamén advertiu que a demanda do Goberno galego é contar cunha avaliación do stock do xurelo e da xarda específica no conxunto das zonas pesqueiras 9A e 8C, e que poden non estar afectadas polos indicadores na actual análise. Neste senso, sinala que o modelo actual de negociación para as augas do norte resulta prexudicial para Galicia ao comprender zonas CIEM (Consello Internacional para a Explotación do Mar) demasiado amplas e que están afectadas pola sobre explotación de países do norte de Europa de grande peláxicos. Por este motivo, considera preciso corrixir o rumbo a aqueles Estados que non colaboren no establecemento de TAC estables e sostibles.
Xunto a esta cuestión de gran galado, sitúa a reforma da Política Pesqueira Común como un desafío inmediato, xa que para a comunidade autónoma é fundamental abordar os retos que establece o Pacto Verde Europeo para alcanzar unha pesca sostible, equitativa e acorde co crecemento azul europeo. Trátase de que os recursos pesqueiros sexan máis abundantes para lograr niveis máximos sostibles de produción e garantir a seguridade alimentaria e os beneficios socioeconómicos para as comunidades costeiras.
Mercado mundial e europeo xusto
Deste xeito, e no eido no level playing field, Villares avoga por un mercado mundial e europeo xusto, de forma que, por exemplo, só se comercialicen produtos de terceiros países que cumpran con normas mínimas. Así, e en consonancia coas políticas europeas, que buscan crear sistemas alimenticios sostibles e xustos, considera prioritario impulsar medidas que deriven no aumento do consumo dos produtos do mar. Por este motivo, o conselleiro lamentou que o Goberno central continúe sen baixar o IVE, a pesares de ser esta unha medida avalada pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia, as universidades galegas, as institucións comunitarias e incluso por países que xa o aplicaron como Portugal.
O obxectivo é, segundo detallou o responsable autonómico, combinar a sostibilidade co crecemento económico como así reflicte na Estratexia da Economía Azul de Galicia aprobada este mesmo mes polo Goberno galego, e que pretende converter á comunidade autónoma nun referente internacional dende un enfoque de protección, conservación e recuperación do medio mariño e da biodiversidade.
Retirada da bonificación do gasóleo
O titular de Mar, e en relación a outra das temáticas das xornadas, defendeu o mantemento da bonificación do gasóleo de frota cuxa proposta de retirada foi anunciada recentemente polo comisario de Pesca e Océanos, Costas Kadis, xa que é vital para máis de 4.000 barcos galegos, e implica a exención total do beneficio fiscal sobre hidrocarburos. É por iso que a proposta de Galicia é solicitar que as medidas a prol da descarbonización do sector se realicen pensando na súa realidade, avaladas por estudos, de xeito progresivo e con apoios para non lastrar a súa actividade.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



