Mondoñedo, 19 de decembro, 2024. A Fundación Eduardo Pondal xunto aos centros educativos das localidades de Ponteceso e Mondoñedo conmemoraron esta mañá o Himno de Galicia ante o panteón de Pascual Veiga no cemiterio vello da cidade episcopal, coincidindo co 117 aniversario da súa estrea no Teatro Tacón de La Habana, o 20 de decembro de 1907.
Alumnos dos CEIP Eduardo Pondal, As Forcadas e Ávaro Cunqueiro cantaron esta composición acompañados dun cuarteto da Escola Municipal de Música de Mondoñedo “O Pallarego”, nun acto simbólico que ambas localidades celebran, alternándose cada ano.
A esta homenaxe asistiron o secretario xeral da Língua, Valentín García, o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, a concelleira de Cultura de Ponteceso, Raquel Fondo, concelleiro de Cultura de Mondoñedo, Alberto García, ademais do presidente da Fundación Eduardo Pondal José María Varela e a directora do CEIP Álvaro Cunqueiro, Teresa Freire.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, lembrou aos rapaces a importancia para Galicia do seu himno, como un dos símbolos de identidade, xunto coa língua e a bandeira, e destacou o papel de Mondoñedo como un dos corazóns culturais de Galicia. O Concelleiro de Cultura da localidade anfitrioa felicitou aos rapaces e profesores por participar neste acto simbólico, e a directora do Álvaro Cunqueiro emprazou aos rapaces a ser o futuro do noso Himno, para que perviva 100 primaveras máis, remarcou o secretario xeral.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



