A identificación só se produce tres días despois de que o BNG solicitase información sobre o asunto, “o que nos fai pensar que o goberno municipal pretendía deixar pasar o tema e asumir o pagamento”.
Ribadeo, 19 de decembro, 2024. O grupo municipal do BNG denuncia que, nun primeiro momento, o concello pagou 900€ dunha sanción de tráfico por non ter identificado o autor da infracción cun vehículo municipal en Asturias. Malia os requerimentos da DXT, o concello de Ribadeo non accedeu a identificar o autor e o importe pasou dos 300€ iniciais aos 900€ dos que finalmente se tiveron que facer cargo as “maltreitas arcas do municipio”. Unha vez que o BNG solicitou información sobre o asunto, aos tres días, o alcalde requiriulle ao infractor que pagase ao concello os 900€, “unha mostra máis do pouco respecto que o alcalde ten polo diñeiro de todos e pola legalidade”.
Pablo Vizoso declarou: “Volvemos ver, unha vez máis, unha mostra de pouco respecto pola legalidade e responsabilidade para cos cartos de todos os veciños e veciñas. Resúltanos moi curioso que, en doce meses que durou o procedemento, o goberno non foi capaz de identificar o condutor do vehículo, a pesar das advertencias, até que nós solicitamos información. Temos constancia de que o uso e utilización dos bens municipais é un absoluto descontrol pola falta de capacidade de organización, pero neste caso a non identificación foi voluntaria e só se produciu cando comezamos a indagar sobre o asunto. Casualmente, tres días despois de que solicitamos información sobre o tema, o alcalde require ao infractor que se faga cargo da sanción. Aquí algo cheira raro”.
Para rematar: “Como dicíamos antes, é outra mostra máis do pouco respecto á legalidade por parte do alcalde, o que ten un custo económico para todos. Estes 900€ sumaríanse aos 43.750€, sen contar a recarga de sanción por actuar sen permiso e poñendo en risco aos usuarios nas vías da Deputación, aos 601€ do ano pasado por tirar fogos artificiais sen o respectivo permiso, ou aos 6.500€ que se pagaron por colococar o mamotreto nas escaleiras do Pazo de Ibáñez. Finalmente, como este grupo municipal denunciou no seu momento, tiveron que movelo de sitio nos últimos días ao facelo sen o respectivo permiso de Patrimonio. A actitude neglixente e o mal facer do alcalde sáenos moi caro a todos os ribadenses e as ribadenses. Queremos pedir explicacións públicas ao goberno municipal: con que razón se procedeu desta maneira? Se este grupo non pedise información, pretendían deixalo pasar e que a veciñanza pagase o asunto? Estábase intentando protexer alguén?”.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



