A Mariña, 5 de decembro, 2024. EOditorial para este último mes do ano presenta tres libros (entre outras novedades):
O primeiro, Federico Mediante “El Salgari Español”. Un home que fixo o camiño da Arxentina a Galicia, un periodista e escritor (mais de 200 libros na Bibliotena Nacional de España), periodista, novelista, poeta, cazador de tigres e contador de películas de cine mudo, actor, entre outras muitas actividades.
Durante este mes de decembro a súa autora, Ana Martínez Loredo, na zona, estará facendo presentación nas poblacions que lle interesaron na vida de Federico. Ribadeo (10/12 as 20 horas no Salóns dos alcaldes na Casa do Concello) e Vegadeo (era orixinario de Abres), (12/12 as 20 horas Sala de Exposiciones Luis Fega da Casa de Cultura de Vegadeo)
Por outra banda tamén se presentará un libro de Fotopoemas de Xulio Pardo de Neyra con fotos de Grandas de Salime realizadas por J. Miguel Mazoy.
Ademáis estrearase un libro novo de Lucía Ferro, desta volta de poesía, un libro intimista e con un formato tamen innovador. Domingo 8 de Decembro 16:30 Teleclub da Rilleira (Cabarcos) Barreiros.
Estos tres xa están á venda nas librerias e en poucas semanas un novo libro de Chemi Lombardero, un libriño de contos ideal para os agasallos de Nadal, outro sobre a Historia de San Esteban de Pravia e a continuación novo libro sobre Aurora Sampedro e os Bíteres de Ouro de Manuel Rivero.
O mercores, 11 de decembro, farase a presentación oficial no Consello da Cultura Galega en Compostela do Libro do Viejo Pancho coa intervención dos profesores da USC Lourenzo Fernández Prieto e Pilar Cagiao Vila, Ramiro Rodríguez Bausero (cónsul general del Uruguay en Galicia), Daniel Vega (alcalde de Ribadeo) e Pablo Rodríguez Fernández “Vivín”.
Este ano 2024 EOditorial supera todas as súas marcas, con publicacións como “El Viejo Pancho” (de Pablo Rodriguez) ou “Galicia y La Masonería en el Siglo XIX” (de Alberto Valín) e “Alredor del llume” (de Pepe Suarez Jardón) que foron ampliamente difundidos, chegando os tres a Arxentina, Uruguay e Brasil.
Para o 2025, xa se están preparando títulos novos, e reedicións de libros antíguos de interés na zona.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



