Burela, 4 de decembro, 2024. Tras máis de 20 anos dando soporte como patronicador principal do CD Burela FS a situación actual do sector de transformación pesqueira levan á dirección da empresa a ceder o lugar privilexiado como patrocinador principal a novas corporacións que aposten pola igualdade no deporte e a profesionalidade de Club, con dous equipos na máxima categoría feminina e masculina do fútbol sala español e europeo.
Todos os logros deportivos e sociais como títulos, referencia como Club en materia de igualdade e de profesionalidade conseguidos pola entidade nunca serían posibles sen a presenza de PESCADOS RUBÉN e o seu apoio incondicional todos estes anos, non hai palabras suficientes para mostrar o noso agradecemento á empresa, a aposta polo club e o seu alcance serán valorados por todos co paso do tempo, a directiva do Club xa o fai agora e o seu agradecemento acompañarános para sempre.
Que dúbida cabe que o club entra nunha nova etapa na cal a directiva se envorcará na procura dun patrocinador principal que aposte polos valores do deporte e da igualdade en todos os ámbitos e cuxa axuda permita á entidade seguir medrando e sendo un referente en España e Europa destes valores, representando e poñendo en lugar preferente a España, Galicia, á provincia de Lugo, A Mariña e Burela, contando de antemán co esforzo renovado e decidido que esperamos da administración autonómica representada pola Xunta de Galicia, a provincial pola Deputación de Lugo e o Concello de Burela, que non dubidamos continuarán co seu apoio aos valores que o Club representa e defende.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.


