Fernández afirma que agarda que “o arranxo desta vía” sexa unha realidade en poucos meses e que non se preocupen só de renovar o asfalto xa que aumentar o seu ancho “é fundamental para garantir a seguridade”
Trabada, 4 de decembro de 2024. O voceiro do PP de Trabada, José María Fernández, explica que “grazas ao traballo” realizado dende o Grupo Municipal do PP de Trabada e dende o Grupo Provincial Popular acadouse o compromiso por parte da Deputación para arranxar a estrada provincial LU-P-6101 (Trabadelo – Sante – A Ría), unha vía que conta cunha elevada densidade de circulación e que precisa dunha renovación.
José María Fernández recorda que nesta estrada “hai moitos puntos nos que é case imposible que se crucen dous vehículos” polo que agarda que “ademais da renovación do firme realicen o aumento do seu ancho para garantir a seguridade na circulación”.
José María Fernández explica que para defender o arranxo desta estrada provincial defendeu, no pleno de setembro de 2024, un rogo instando ao goberno provincial a renovar o firme e aumentar o seu ancho.
A realidade é que esta vía é empregada por moitos veciños de Trabada xa que une Trabadela con Sante e a Ría, ademais de contar cunha gran circulación de maquinaria agrícola e camións que transportan madeira.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



