O Deputado de Promoción Económica e Social e o Presidente da Federación Galega de Comercio presentaron en San Marcos a iniciativa á que a institución provincial achega 50.000€ para “dinamizar a provincia e impulsar o consumo responsable”
Lugo, 4 de decembro de 2024. A Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio poñen en marcha a campaña Regala en Nadal, Merca en Local, unha iniciativa para fortalecer o comercio de proximidade, fomentar o consumo responsable e impulsar a economía local durante unha das tempadas festivas máis importante en vendas do ano. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, presentaron este mércores no Pazo de San Marcos a iniciativa, á que a institución provincial achega 50.000 euros.
Pablo Rivera destacou durante a presentación que esta campaña enmárcase no compromiso da Deputación de apoiar accións “que fortalecen o tecido comercial da provincia, buscando dinamizar as vilas, impulsar o consumo responsable e premiar a fidelidade dos consumidores que apostan polo local”. Nese sentido, sinalou que “o comercio local é moito máis que unha actividade económica e que mercar na tenda de sempre é apostar polo futuro das nosas vilas, polas familias que con esforzo e ilusión manteñen viva a nosa economía local”.
Enmarcou esta campaña no compromiso do Goberno provincial por fortalecer o tecido comercial da provincia e dinamizar as economías locais durante unha das épocas de maior consumo do ano. “Cada euro que gastemos no comercio local é unha inversión nos nosos concellos”, sinalou o Deputado.
Xornadas de animación familiar e sorteos
Regala en Nadal, Merca en Local inclúe a celebración de tres festas de temática navideña e animación familiar en diferentes localidades da provincia. Desenvolveranse actividades de animación, actuacións infantís, música, unha chocolatada e sorteos en directo de tarxetas prepago por un total de ata 3.000 euros, cun total de 4.500 euros en premios por localidade. O 14 de decembro a festa terá lugar na Praza de España, en Monforte de Lemos; o 18 de decembro a cita desenvolverase na Praza Conde Fontao de Foz; finalmente, o 19 de decembro Lugo acollerá esta xornada festiva na Praza Maior. En todos os casos, estas festas do comercio local arrancarán ás 17.00 horas.
Para participar nos sorteos, os consumidores deberán presentar tíckets de compra de 10 euros ou máis, realizados en comercios locais durante o mes de decembro. Cada un poderá ser cambiado por un boleto para participar nos sorteos de tarxetas prepago nas seguintes franxas horarias:
18:00 horas: Tarxeta prepago de 500€
19:00 horas: Tarxeta prepago de 1.000€
20:00 horas: Tarxeta prepago de 3.000€
Cada localidade repartirá un total de 4.500 euros en premios. Os afortunados deberán gastar as tarxetas prepago nunha única xornada de compras nos comercios de proximidade da localidade que elixan dentro da provincia de Lugo. A data límite para realizar as compras será o 30 de decembro de 2024.
Apoio ao pequeno comercio e impulso da economía local
Pola súa parte, José María Seijas agradeceu o apoio da Deputación ao comercio local. “A campaña busca concienciar aos consumidores sobre a importancia de apoiar aos nosos pequenos comercios, que representan o 40% da facturación anual dos negocios”. Subliñou que “é unha oportunidade para dinamizar a economía das vilas da provincia, promovendo un ambiente festivo e alegre”, e resaltou “a importancia de mercar nos comercios locais fronte a outros formatos comerciais”.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



