Os nacionalistas presentaron enmendas aos orzamentos da Xunta 2024 para mellorar a rede de abastecemento de auga no concello de Castro de Rei
Castro de Rei, 5 de decembro de 2023. O BNG presentará, no Parlamento galego enmendas aos orzamentos da Xunta para que se aporten os fondos precisos para completar a rede de abastecemento de auga no concello de Castro de Rei.
Segundo o PXOM as parroquias de Ludrio, Triabá, Dumpín, Mondriz, Duancos, Orizón, Pacios, parte de Prevesos, parte de Bazar e tamén Matodoso, aínda non contan con rede de abastecemento de auga, “Cando falamos de mellorar servizos nun concello sempre se vai a cousas que causen lucimento máis que a que veciñanza teña un servizo básico como abastecemento de auga que é vital” explicou a portavoz nacionalista
A Xunta de Galiza está a levar a cabo campañas publicitarias, encamiñadas a que persoas do ámbito urbano se vaian vivir aos pobos rurais. Para o BNG resulta “bastante evidente que por moitos carteis publicitarios que se poñan, por moita propaganda que se faga, se no ámbito rural se seguen a recortar os servizos básicos, tal e como leva facendo a Xunta dende hai varios anos, se se segue a levar a cabo unha política de demolicións dos sectores produtivos baseados nos nosos recursos, estas campañas serán mera propaganda sen ningún tipo de efecto práctico”. “Se a Xunta quere apoiar realmente a quen vive no rural, debe afrontar os problemas verdadeiros de quen vive no rural e aportar fondos, neste caso, para o abastecemento de auga” concluíu Olga García























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



