Xove, 12 de decembro, 2024. O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron hoxe a programación especial de Nadal do Concello de Xove para as vindeiras semanas.
Aínda que as actividades xa comezaron o día 5 de decembro co acendido do alumeado de Nadal, o programa dará inicio oficialmente o próximo 20 de decembro coa chegada de Papá Noel á Residencia de San Bartolomeu e despois á festa infantil que terá lugar ás 17:30 no Pavillón Municipal de Deportes.
O programa está cheo de eventos que son un éxito cada ano, coma a VI Gala do Emprendemento Local, o 20 de decembro, o Concerto de Nadal da Escola de Música e Orquestra Clásica de Xove, o 26 de decembro, o popular XII Concurso de Karaoke o venres, 27 de decembro, e a imprescindible Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro. Este ano, como novidade, inauguraremos un Mercado de Nadal “O faio de Generosa” o día 21 de decembro, que permanecerá aberto pola mañá e pola tarde ata o 23 de decembro, na Oficina de Información Turística de Xove.
Todo isto, ademais de decenas de actividades infantís, culturais e musicais, que acompañarán á veciñanza de Xove, ademais de todas aquelas persoas que queiran acompañarnos durante as festividades do Nadal e Aninovo 2024-2025.
PROGRAMACIÓN DE NADAL 2024-25 CONCELLO DE XOVE
DECEMBRO 2024
Venres 20 ás 17:30 h DJ infantil no pavillón municipal. Logo PAPÁ NOEL, despois de visitar a Residencia San Bartolomé, chegará ao pavillón. CHOCOLATADA gratuíta ata rematar existencias.
Venres 20 ás 20:30 h no salón de actos: VI GALA DE EMPRENDEMENTO LOCAL, coa actuación de David Catá (para todos os públicos).
Sábado 21, ás 11:00 h Inauguración MERCADO DE NADAL “O faio de Generosa” na oficina de Turismo. O MERCADO estará aberto ata luns 23 de decembro, en horario de 11:00 ás 14:30 h e de 17:00 ás 21:00 h.
Domingo 22, ás 18:00 h CONTACONTOS (Caxoto): “UN PAXE REAL EN APUROS”. Público familiar/infantil (De 4 a 10 anos). No Mercado de Nadal “O faio de Generosa”, da Oficina de Turismo. Contará a súa experiencia e recollerá as cartas que a rapazada lle entregue para facerllas chegar directamente aos Reis Magos.
Xoves 26 ás 18:00 h no Salón de Actos: TRADICIONAL CONCERTO DE NADAL, coa Escola Municipal de Música e a Orquestra Clásica de Xove.
Venres 27 ás 21:30 h no pavillón XII CONCURSO DE KARAOKE. Inscrición previa ata o 26 de decembro no Concello ou o mesmo día de 17:00 h a 19:00 h no pavillón á vez que se realizarán os ensaios por orde de inscrición.
Os participantes que leven música propia, non incluída na lista facilitada pola Organización, teñen como data límite de inscrición ata o 19 de decembro. Consultar bases na web do Concello: https//www.xove.es
Sábado 28 ás 22:30 h CONCERTO de GREAT STRAITS no pavillón municipal co TRIBUTO A DIRE STRAITS. Entrada gratuíta.
Martes 31 ás 11:00 h no pavillón FESTA INFANTIL DE FIN DE ANO.
XANEIRO 2025
Xoves 2 e Venres 3 ás 20:00 h na aula multideportiva CONVOCATORIA ÁS FAMILIAS para ensaio de COREOGRAFÍA DE PANXOLIÑAS con SALA 5 para participar na Cabalgata de Reis.
Sábado 4: DÍA DA INFANCIA. De 10:30 a 13:30 h e de 16:30 a 19:30 h
XOGOS ACUÁTICOS na piscina municipal e a partir das 16:00 h INCHABLES no pavillón.
Domingo 5 ás 19:00 h CABALGATA DE REIS polas rúas de Xove, despois de visitar a Residencia San Bartolomeu. Ás 20:00 h no pavillón animación infantil con DISCO MÓBIL.
Os voluntarios que queiran participar na Cabalgata de Reis e teñan vestimenta propia de pastor/a, ou algún personaxe do Nadal, poderán anotarse na OMIX (tel. 982571816) por motivo da organización ata o venres 27 de decembro.
XUVENTUDE E IGUALDADE
Os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e os 2 e 3 de xaneiro, de 8:45 a 14:00 h Programa XOVE CONCILIA NADAL, para nenas/os de 3 a 10 anos. Inscrición na OMIX ata o 16 de decembro.
Os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e os 2 e 3 de xaneiro, no Centro Xuvenil, de 10:30 a 13:30 h Programa MAÑÁS ACTIVAS POR NADAL, para nenas/os a partir de 5º de Primaria. Inscrición OMIX ata o 20 de decembro.
Xoves 26 decembro de 10:30 a 11:30 h TALLER: PARA, PENSA, CONÉCTATE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NA REDE NO CONCELLO DE XOVE. Para
mozos/as de 10 a 17 anos. Aula de informática do Centro Xuvenil. Para anotarte chama ao 982571816 ou pasa polo Centro Xuvenil. Prazas limitadas.
Xoves 26 decembro de 11:30 a 12:30 h TALLER:(DES)CONECTA – CONÉCTATE CONTRA A TECNOADICCIÓN NO CONCELLO DE XOVE. Para
mozas/os de 10 a 18 anos. Aula de informática do Centro Xuvenil. Para anotarte chamar ao 982571816 ou pasa polo Centro Xuvenil. Prazas limitadas.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



