Luís Bará pediulle á Xunta do PP que escoite o clamor maioritario da sociedade galega que se plasmou o domingo nunha manifestación histórica
Santiago de Compostela, 19 novembro 2024. O responsable de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará, considera que a decisión de colocar a macrocelulosa Altri no corazón de Galiza xa está tomada e que non vai depender dos informes técnicos. Asegura que estes se van adaptar á decisión política xa adoptada, tal e como se pode deducir das últimas declaracións claramente favorables ao proxecto por parte do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e tamén das feitas polas responsables das consellerías de Industria e Medio Ambiente.
Bará comezou a súa intervención na comisión de Medio Ambiente deste xoves lembrando o clamor maioritario da sociedade galega que se plasmou o domingo pasado nunha manifestación histórica de rexeitamento á implantación de Altri no País. Diante da directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Urría, o deputado nacionalista emprazou o PP a que “se poña do lado da xente e do territorio, das empresas e do emprego ameazados por este proxecto, e non do lado dunha multinacional que o único que quere é facer negocio e maximizar os beneficios en contra da xente e dos intereses deste País”.
Malia oposición da rúa, Bará advertiu que “sabemos que isto é predicar no deserto porque vostedes teñen unha decisión tomada”, argumentando que a Xunta é socia de Altri, porque a declarou (a macrocelulosa) proxecto tractor, e porque a escolleu como socia asinando un memorandum”. Polo tanto, incidiu, “van facer todo o necesario para aprobalo”.
Lembrou que o presidente da Xunta “declarou o seu apoio a este proxecto por activa e por pasiva e solicitou 250 millóns de euros “ para levalo a cabo, e recalcou o “desprezo” amosado por Rueda a todo aquel que se atrevese a cuestionar este proxecto. Recordou así mesmo as palabras da conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, que “se atreveu a dicir días despois de facer público o proxecto que é absolutamente redondo desde o punto de vista medioambiental e de sostibilidade”.
“Como vai o Goberno informar negativamente sobre un proxecto que di que é redondo? Como unha conselleira se atreve a prefigurar que o proxecto non ten mancha?”, preguntou, para manifestar a continuación que o que é é un “negocio redondo para Altri, para Greenalia e para todos os que están detrás”.
Bará reclamou ter acceso aos informes técnicos favorables que xa transcenderon pero aos que o BNG non tivo acceso malia que xa os pediu acolléndose ao artigo 9 do regulamento parlamentario. Subliñou que algúns destes informes favorables se fixeron públicos o día despois da manifestación do domingo. “Son coincidencias, como se se tratase dunha alineamento dos astros”, ironizou. Recriminoulle ao PP que só teñan en conta os informes “que lle gustan”, mentres que o feito polo Consello da Cultura Galega, por persoas de prestixio do ámbito académico e de campos sectoriais e temáticos diversos, foi obxecto “dun ataque despiadado por parte do PP”, criticou.
Neste punto, Bará puxo sobre a mesa as presións ás que se ven sometidas persoas que teñen que participar nas emisións destes informes sectoriais, e lembrou que “isto levou á dimisión ou cese, non sabemos que foi -aclarou- do director Xeral de calidade ambiental tres meses despois de ser nomeado”, e que tamén levou ao cambio da subdirección e da xefatura de servizo desa dirección xeral.
Ademais, Bará quixo facer público que nas últimas semanas “fomos coñecedores de grandes presións que poden levar ao cese dun subdirector xeral, que é o que ten que poñer a sinatura favorable a un informe co que está en contra, e que fai referencia ao impacto sobre o Camiño de Santiago”.
Tamén explicou que se están encargando informes sectoriais a unha empresa externa da administración, vulnerando o a función das e dos traballadores públicos, referíndose a un contrato coa empresa Tragsatec cuxos informes “o Tribunal de Xustiza de Galiza acabou por botar abaixo por estar suplantando as funcións dos técnicos da Xunta”, recordou.
O deputado nacionalista lamentou que malia todo, “a Xunta está decididamente a favor de Altri”, sen ter en conta que afectará á imaxe da produción en ecolóxico da comarca da Ulloa, á Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa, a toda a economía do turismo arredor do Camiño de Santiago, ao sector pesqueiro e marisqueiro da ría de Arousa ou ao sector forestal polo incremento previsible do incremento da superficie de plantación de eucalipto.
Bará rematou a súa intervención volvendo preguntarlle ao PP: “Vaise poñer do lado da xente que se está rebelando contra este proxecto depredador ou vanlle seguir poñendo a alfombra e servindo a unha multinacional portuguesa que quere isntalar esta megafábrica no corazón de Galiza?” concluíu.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



