Os populares sinalan que a decisión do Goberno de España “afecta especialmente aos pequenos concellos do rural” e inciden en que “Sánchez desconecta Galicia e castiga á provincia de Lugo”
Lugo, 5 de decembro de 2024. Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano mantiveron unha reunión cos alcaldes e portavoces dos concellos lucenses que o Goberno de España pretende deixar sen servizo de liña de bus estatal que permitía comunicacións con outras comunidades e tamén dentro de Galicia. Os representantes populares na Cámara Alta explicaron que o Grupo Popular logrou aprobar unha iniciativa no Senado -co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG- para instar ao Goberno de Sánchez un novo mapa concesional de transporte regular en autobús para “corrixir a discriminación aos pequenos concellos do rural”.
Os populares inciden en que “Sánchez desconecta Galicia e castiga, en particular, á provincia de Lugo” á vista da supresión do servizo en 10 municipios (Baralla, Chantada, O Corgo, Guitiriz, Meira, Monterroso, As Nogais, Palas de Rei, A Pontenova e Quiroga) que perden o servizo de forma completa. Os veciños e veciñas destes concellos perden a posibilidade de comunicarse con outras localidades porque non hai a posibilidade de solicitar subirse ou baixarse.
Os senadores, alcaldes e representantes dos municipios afectados coincidiron en sinalar “o prexuízo para os municipios pequenos do rural” que afecta ao transporte de pasaxeiros, estudantes… e tamén de paquetes e, incluso, ao Camiño de Santiago, xa que “varias poboacións polas que pasa algunha das súas rutas queda sen parada”.
O alcalde das Nogais, Jesús Núñez, cre que “non ten sentido que os pequenos concellos afectados non teñamos esa comunicación cando están pasando os autobuses por diante”. E sinala que “os habitantes destes 10 concellos temos o mesmo dereito a coller un autobús nas nosas localidades igual que os doutros lugares”.
SÁNCHEZ, PSOE E BNG EN CONTRA DOS SERVIZOS NO RURAL
Os senadores do PP lucense condenan o voto en contra do PSOE e a abstención do BNG. “Os representantes socialistas dan as costas, unha vez máis, á nosa provincia e, máis concretamente, aos veciños e veciñas que viven nos municipios rurais”. E, ao BNG, “abstívose como quen pasa por alí”.
Barreiro considera que estas actitudes se basean na “hipocrisía” toda vez que “o Goberno de Sánchez di que vai facer todo pola España baleirada, pero o que fan é que cada vez se baleire máis ao quitarlles servizos aos pequenos concellos”. Así, afea a PSOE e BNG que “aquí din unha cousa e en Madrid fan outra co seu voto”. Dende o Partido Popular, pola súa banda, “seguiremos pelexando para que o Goberno de Sánchez acate esa petición que lle fixo o Senado”.
A Xunta de Galicia fai totalmente o contrario: “aprobou no 2019 un novo mapa concesional do transporte autonómico onde aumentan as rutas e facilita o uso do servizo. Os menores de 21 e os maiores de 65 non teñen que abonar nada”, explicou Barreiro.
Núñez tamén incidiu en que “estas políticas son socialistas non sociais porque as políticas sociais responden ás necesidades da xente”. Nese sentido, defendeu que este tipo de servizos públicos en zonas despoboadas non se deben medir por rendibilidade, senón por ofrecer servizo á xente que vive nestes lugares”.
SUPRESIÓN DE SERVIZOS ESTATAIS
O mapa concesional presentado polo Goberno suprime en Galicia 76 servizos interiores e 1.100 rutas que deixarían de ser directas obrigando aos usuarios a facer transbordos. En toda España, suprime un 47% das rutas, rebaixa un 74% os municipios con parada e merma nun 31% os quilómetros que percorre de media cada vehículo.
Os senadores lembran que “estas novidades son as que recolle o proxecto de Ley de Movilidad Sostenible que está en tramitación no Congreso, paralizada dende o 2022”. O Goberno de España ten que sacar a concurso as novas concesións.



















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



