Trátase dunha demanda dos gandeiros afectados e, de feito, algúns deles advertían recentemente nunha reunión na Pastoriza sobre “o incremento dos ataques” que derivan nunha situación “insostible”
Lugo, 20 de decembro de 2024. Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- destacan que “o Grupo Popular logrou aprobar no Senado unha proposta para retirar o lobo da Listaxe de Especies Silvestre en Réxime de Protección Especial (LESRPE)” e urxen ao Goberno de Sánchez a “cumprir o acordo”.
Os populares lamentan que “o PSOE se opuxera a rebaixar o nivel de protección do lobo en consonancia co aprobado pola Comisión Europea e que o BNG nin asistira á Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado para debater esta proposta demandada polos gandeiros lucenses, como nos trasladaban recentemente algúns deles nunha reunión na Pastoriza”.
De feito, os propios afectados polos ataques desta especie xa tiñan manifestado a súa oposición á inclusión do lobo nesta listaxe -en setembro do 2021- e agora que a Comisión Europea aprobou a rebaixa da protección da especie de estritamente protexido a protexido “o Goberno de España ten a oportunidade de corrixir esta situación e adoptar unha decisión en consonancia coa UE e co que demandan os propios gandeiros ante unha situación insostible”.
Os senadores trasladaron a súa “satisfacción” pola aprobación desta proposta que coincide tamén coas reivindicacións das comunidades autónomas lobeiras, as do norte do río Douro, entre as que se atopa Galicia.
A propia conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, solicitou onte no Senado que as comunidades autónomas poidan realizar accións de control puntual sobre o lobo, así como a revisión do nivel de protección desta especie para adaptalo á realidade de cada territorio.
Desde a inclusión do lobo na Listaxe de especies silvestres de réxime de protección especial (LESRPE), en setembro de 2021, en Galicia os avisos por ataques incrementáronse nun 72%. “O aumento do número de ataques evidencia que o estado do lobo en Galicia e na nosa provincia non é desfavorable”, indican.
O Senado insta ao Goberno a:
1.- Que inicie de forma inmediata os trámites para que as poboacións do lobo ao norte do Douro saian da Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESRPE), e que derogue a Orde TED/980/2021, de 20 de setembro, pola que se modifica o Anexo do Real Decreto 139/2011, do 4 de febreiro, para o desenvolvemento do LESPRE e do Catálogo Español de Especies Ameazadas na súa totalidade.
2.- A revisión da Estratexia española de conservación do lobo ibérico para que se adecúe aos datos dos censos actuais e se aproba unha nova estratexia co consenso das comunidades autónomas.
PSOE E BNG DAN AS COSTAS AOS GANDEIROS
Os populares inciden en que “o PSOE galego e lucense opúxose a esta proposta”. É dicir, “volve aliñarse con Sánchez e en contra dos gandeiros lucenses”. E, no caso do BNG, “nin sequera participou no debate demostrando o pouco que lle interesan os gandeiros e os lucenses”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



