O portavoz, Antonio Ameijide, pide “luz e taquígrafos” ante as sospeitas polo cambio nas puntuacións por parte do goberno provincial de PSOE e BNG de persoas admitidas no prazo dunha semana e “sen motivo aparente”
Lugo, 10 de decembro de 2024. O PP pedirá acceso ao expediente sobre o proceso selectivo -a través de concurso de experiencia e méritos- de tres prazas de funcionarios públicos na Deputación de Lugo “ante sospeitosos cambios nas valoracións” debido ao cambio nas puntuacións de persoas admitidas no proceso selectivo no prazo dunha semana e “sen motivo aparente”.
O portavoz, Antonio Ameijide, cre que o goberno provincial de PSOE e BNG debe poñer “luz e taquígrafos” sobre este procedemento para a estabilización de emprego temporal na Deputación Provincial tras apreciar cambios nas puntuacións relacionadas coa experiencia profesional na mesma administración e no mesmo posto en dúas listaxes oficiais -unha publicada o 21 de novembro e outra o 27 de novembro- cando nesta segunda se aplican os criterios de desempate e algúns dos admitidos que tiñan xa valorada a experiencia vén reducida a puntuación de 37 a 0 cunha semana de diferencia nas valoracións e sen que lle afecten alegacións.
“O goberno provincial tamén ten que explicar a que se debe” que a puntuación que reflicte para o desempate non se corresponda coa fórmula establecida nas bases específicas que aplican o recollido nas bases xerais que regulan os procesos selectivos excepcionais incluídos na Oferta de Emprego Público do ano 2023 da taxa adicional de estabilización de emprego temporal.
O popular esixe “transparencia” neste procedemento igual que no resto de procedementos e xestións administrativas desta Deputación. “Non podemos permitir que o goberno de PSOE e BNG aplique criterios de desempate a medida ou ao criterio do que lle interese ao goberno, sen cumprir nin as bases que eles mesmos aprobaron”.
Ameijide xa ten denunciado a “política caduca e caciquil de Tomé” que está “anclado no pasado” e subliña que “non se poden permitir este tipo de incidencias nun procedemento formal coma este”. E engade que “pode ser un erro, pero ante tal reincidencia de erros que sempre benefician ao entorno de Tomé, fai que todo cheire ou pinte mal”.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



