Burela, 23 de decembro, 2024. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela aproveitou o acto do pasado martes na Casa de Galicia en Madrid para presentar oficialmente a nova edición do seu tradicional calendario, que nos próximos 12 meses volverá estar dedicado aos “12 Pescados Capitais” de Burela.
A tintorera, a bertorella, a xarda, o xurel, a cabra de altura (gallineta), a sardiña, o bonito do norte, a pescada do pincho, a castañeta vermella, o peixe espada, o mero e o ollomol son as 12 especies elixidas pola OPP-7 Porto de Burela para a súa última acción promocional e divulgativa do ano 2024.
Desde o Porto de Burela vólvese promocionar así o consumo de peixe como unha das bases fundamentais dunha vida saudable, acompañando cada mes coa imaxe dun destes “pescados capitais” da lonxa de Burela, que ademais representan as diferentes pesquerías que forman parte das frotas do porto de Burela, como o palangre demersal (fondo) en augas europeas, que pesca con anzol una a unha a pescada de pincho, a bertorella, a cabra de altura, a castañeta vermella, o mero ou o ollomol; o palangre de superficie en augas internacionais e europeas do Atlántico, que pesca tamén individualmente o peixe espada ou a tintorera; a frota bonitera do Cantábrico, que pesca os bonitos do norte ao curricán, un a un con anzol; ou as frotas de cerco ou arrastre de litoral do Cantábrico, que traen cada día á lonxa de ABSA especies peláxicas como a xarda, o xurel e a sardiña.
Ao mesmo tempo o calendario dá protagonismo a varias das especies pesqueiras das que ABSA é primeira lonxa de Galicia, como a pescada do pincho, o bonito do norte, a cabala, a cabra de altura ou gallineta, a bertorella, a castañeta vermella ou o mero; ademais doutras especies como o salmonete de pedra, o sable negro, a maruca, etc.
Como nos últimos anos, editáronse preto de 4000 exemplares do calendario, que se empezará a distribuir nos próximos días como sempre entre os socios de OPP Burela e ABSA, a través da Asociación de Exportadores Almacenistas de Peixe da Mariña (ADEXMAR), da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo e de diferentes peixarías e outros establecementos locais. A metade destes exemplares distribúense en Madrid e Barcelona entre os socios de FEDEPESCA (Federación Nacional de Asociacións Provinciais de Empresarios Detallistas de Peixes e Produtos Conxelados) e o Gremio de Peixeiros de Barcelona.
Desde o ano 2020 a OPP-7 Porto de Burela dedica o seu calendario anual a unha serie de mensaxes saudables. En 2025, ao igual que no calendario 2024, seguiranse promovendo os beneficios do consumo de peixe na nosa saúde baixo o título dos 12 “Pescados Capitais” das frotas de Burela, descubrindo cada mes as caracerísticas de cada unha das súas principais especies, nunha acción de novo cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.
En 2020 presentáronse 12 mensaxes saudables asinados polo cardiólogo Guillermo Aldama López. En 2021 presentouse a “Fórmula da Felicidade” P=S∞, que di que “comer peixe equivale a saúde por sabor elevado a infinito”, acompañada doutras 12 novas sentenzas saudables asinadas por máis doutores, como o endocrinólogo Miguel Ángel Martínez Olmos; o nefrólogo Secundino Cigarrán Guldris; ou a nutricionista pediátrica Rosaura Leis, tamén presidenta da Fundación Dieta Atlántica.
En 2022 presentábase a campaña “Amor Ao Mar” para proclamar desde Burela o amor ao mar, á tradición pesqueira e ao sabor dos produtos do mar. E acompañábase cada páxina con novas frases saudables da Fundación Dieta Atlántica, asinadas tamén por novos profesionais da saúde, como o doutor Fernando Rodríguez-Artalejo ou os profesores Ángel Gil e Gumersindo Feijóo, membros da Fundación Dieta Atlántica.
En 2023 mantívose o mesmo formato, acompañando cada mes coa imaxe dunha das principais especies da lonxa de Burela e promocionando o consumo de peixe como unha das bases fundamentais dunha vida saudable. Nesa ocasión a temática consistiu en resumir en 12 páxinas algunhas das principais campañas publicitarias e lemas saudables lanzados desde o porto de Burela nos últimos anos.





















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



