Foz, 24 de xaneiro de 2025. A Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia a súa variada programación de cursos para o mes de febreiro, con actividades orientadas a promover a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal e profesional. A oferta inclúe seis propostas formativas que buscan responder ás necesidades da comunidade e fomentar a participación activa na educación continua.
A coordinadora da Aula, Marta Muiña, destaca: “o noso obxectivo é achegar propostas formativas de calidade que aborden tanto o desenvolvemento académico como o persoal. Cada unha destas actividades foi deseñada pensando na súa aplicabilidade e no impacto positivo que poden xerar na vida dos participantes”.
Pola súa banda, Elena Martínez, concelleira de Educación e responsable da Aula Universitaria, subliña a importancia destas iniciativas: “nun entorno en constante cambio, estas accións formativas non só achegan ferramentas prácticas, senón tamén oportunidades para o crecemento profesional e persoal da nosa comunidade”.
O 11 de febreiro dará comezo o Curso preparatorio de Celga 3 e 4 na súa segunda edición, “unha oportunidade ideal para quen desexen certificar as súas competencias en lingua galega”. As sesións realizaranse os martes de 16:00 a 19:00 horas, ofrecendo un enfoque práctico e adaptado ás necesidades dos participantes. Ese mesmo día, iniciarase o Curso de español para estranxeiros, dirixido a falantes non nativos que buscan mellorar a súa comunicación e integración en entornos hispanofalantes. Este curso terá lugar os martes e mércores de 18:30 a 20:30 horas.
O 13 de febreiro comezará “unha interesante proposta titulada Coñécete, ámate, que aplicará os principios da disciplina positiva ao autocoñecemento e autocoidado. As sesións desenvolveranse os xoves de 17:30 a 20:00 horas, achegando ferramentas esenciais para o benestar persoal. Posteriormente, o 17 de febreiro, dará inicio o Curso de Inglés A1 – Primeiros pasos, ideal para quen desexen iniciarse na aprendizaxe do idioma inglés. Impartirase os luns de 18:15 a 20:15 horas. Na mesma data, o 17 de febreiro, ofreceranse dúas propostas adicionais. Por unha banda, o curso Crea o teu negocio dixital e consegue novos clientes, que se realizará os luns de 15:45 a 17:45 horas e está dirixido a quen desexe emprender no mundo dixital e aprender estratexias para captar clientes. Por outra banda, levarase a cabo o curso Organización de espazos para mellorar a túa vida, centrado en técnicas para optimizar a organización persoal e aumentar a calidade de vida. Este curso desenvolverase os luns de 18:00 a 20:00 horas e será impartido por Alba Caamaño Fernández, coach de organización e fundadora de ORANA – Espazo & Orde”.
Para máis información sobre estas actividades e o proceso de inscrición as persoas interesadas poden contactar coa Aula Universitaria da UNED de Foz a través dos teléfonos 982.133.699 ou 604.034.549 ou do correo electrónico foz@lugo.uned.es.
Con esta iniciativa a UNED de Foz “reafirma o seu compromiso coa formación continua e o desenvolvemento integral da sociedade. Agardamos que esta oferta formativa sexa ben recibida e motive a moitas persoas a seguir aprendendo”, conclúe Marta Muiña.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



