A Mariña, 17 de xaneiro de 2025. Xa está aberto o prazo de inscrición para participar nas Xornadas Formativas en Turismo Ornitolóxico, promovidas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio técnico da empresa Puertas Afuera Comunicación Medioambiental. Terán lugar do 10 ao 12 de febreiro no salón de actos do Centro Cívico de Xove.
A formación é gratuíta, pero as prazas son limitadas, polo que as persoas que desexen participar deben facelo a través do formulario de inscrición online que atoparán no apartado web https://amarinalucense.gal/gl/ornitoloxia ata o 31 de xaneiro inclusive.
No encontro participarán como poñentes destacados ornitólogos, así como profesionais no desenvolvemento e promoción de produtos turísticos sostibles relacionados coa ornitoloxía. As persoas participantes recibirán unha parte de formación teórica e outra práctica, que inclúe saídas para a observación de aves no seus hábitats.
Un novo activo do destino
A presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López, explicou que “as Xornadas Formativas en Turismo Ornitolóxico están orientadas a empresarios e traballadores do sector turístico, aloxamentos, guías e empresas de turismo activo, educadores ambientais e técnicos de turismo interesados en desenvolver produtos turísticos na Mariña”.
E subliñou que “esta iniciativa permitiralles ampliar coñecementos e habilidades sobre o turismo ornitolóxico, un dos grandes activos da Mariña Lucense. Precisamente, unha das necesidades deste tipo de turismo é contar con persoal formado, coa capacidade para atender a demanda tanto do público xeral coma do especializado e desenvolver produtos turísticos atractivos”.
López indicou que “o obxectivo deste encontro é dar a coñecer as potencialidades do turismo ornitolóxico á hora de crear novos produtos turísticos e afondar nas posibilidades da Mariña este nicho de mercado, ao tempo que se identifican os recursos ornitolóxicos da zona, o perfil de turista e as demandas do sector”.
Zonas ZEPA
A Mariña é unha zona en xeral de observación de aves, pero conta con catro zonas especialmente interesantes, que son o espazos naturais declarados Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) que forman parte da Rede Natura 2000.
Estes lugares ofrecen grandes posibilidades para desenvolver actividades de turismo ornitolóxico, unha oferta que contribúe á desestacionalización e á posta en valor dos recursos naturais propios do territorio mariñán. Son a ZEPA de Ribadeo, a ZEPA Ría de Foz, ZEPA Costa da Mariña Occidental e ZEPA Corredor migratorio galaico-cantábrico occidental.
Plan de acción
Esta acción enmárcase no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense 2022-2024, cofinanciado pola Mancomunidade de Concellos, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, dentro do que se deseñou o Plan de Acción Operacional de Turismo Deportivo e de Natureza, que inclúe unha folla de ruta clara de accións vinculadas a estes nichos de mercado.
Podes consultar máis información das xornadas en:
https://amarinalucense.gal/gl/ornitoloxia
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



