A Casa de Galicia en Madrid acolleu este xoves a presentación oficial da vixésima edición da Feira Expomar, que se celebrará na nave de redes do porto de Burela (Lugo) do 7 ao 10 do mes de maio
Burela, 24 de xaneiro, 2025. A XX edición da feira náutico-pesqueira Expomar 2025 presentouse oficialmente este xoves 23 de xaneiro nun acto institucional na Casa de Galicia en Madrid. O obxectivo deste evento era aproveitar o marco da feira internacional de turismo Fitur e dar maior relevancia ao alcance global de Expomar dentro dos sectores da pesca e a industria naval.
No acto interviñeron, ademais da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López; o conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares; a secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Isabel Artime; e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.
O xerente da Fundación Expomar, José M. González “Brais”, e o presidente da Casa de Galicia, Luis Ramos, deron a benvida a todos os asistentes, entre os que se atopaban diferentes personalidades do sector pesqueiro e político galego e nacional, como a directora do Instituto Social da Mariña (ISM), Elena Martínez; a directora xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura do MAPA, Aurora de Blas; as deputadas Patricia Otero e Rosa Quintana, exconselleira de Mar da Xunta de Galicia; os senadores José M. Balseiro e César Mogo; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro; así como representantes dalgunhas das empresas expositoras en Expomar e diferentes deputados provinciais e alcaldes galegos que se atopan en Madrid aproveitando a celebración da feira internacional de turismo Fitur.
A presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López; puxo en valor a celebración do vixésimo aniversario da feira Expomar, renovando unha vez máis a decidida aposta do Concello e da Fundación por seguir potenciando e promocionando o sector da pesca.
Pola súa banda, José Tomé e Isabel Artime, desde a presidencia da Deputación de Lugo e a secretaría xeral de Pesca do MAPA, respectivamente, felicitaron á Fundación Expomar por celebrar esta vixésima edición dun evento tan importante para a provincia de Lugo e para o sector pesqueiro en xeral; brindando de novo o seu apoio a Expomar en todas as actividades que promove para potenciar en sector pesqueiro.
Pechou o acto o conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, que destacou a Burela como un dos principais centros da pesca mundial, que volverá converterse en epicentro do sector pesqueiro non só coa feira, senón tamén coas Xornadas Técnicas e Encontro Empresarial de Expomar 2025.
Ao finalizar a presentación, na que un centenar de persoas encheron o salón principal da Casa de Galicia en Madrid, púidose degustar un menú degustación patrocinado pola Conselleria do Mar da Xunta de Galicia, no que se atopaban receitas con algúns dos principais produtos pesqueiros das frotas de Burela, como a pescada do pincho, o bonito do norte ou o peixe espada: “peixe espada afumado en curry frío de coco e xenxibre”, “tiradito nikkei de bonito de Burela con leite de tigre e maracuxá” e “guacamole con pescada do pincho de Burela agridoce e torreznos de algas”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


