Este martes, 7 de xaneiro, celebramos o 75º cabodano de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, primeiro Presidente do Consello da Galiza (1944-50) e, xa que logo, recoñecido pola unanimidade do Parlamento de Galicia como primeiro Presidente da Galicia, segundo acordo que foi publicitado o último 15 de novembro. Data ésta-o 15-N- na que celebramos o 80ª cabodano da constitución en Montevideo e Buenos Aires, do devandito Consello, órgano fideicomisario da vontade política de autogoberno galega manifestada no referendum do 28 de xuño de 1936, que aprobou o Estatuto de Galicia cun millón de votos afirmativos (case o 74% do censo de eleitores!!). O 7-X abre o Ano 2025, o Ano Castelao, no que o noso país, a nosa cidadanía, habería mellorar substancialmente no coñecemento real do ideario político do máis importante político e patriota galego do século XX.
Indubidabelmente Castela foi un grande creador artístico e literario. Miguel Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao, ven de salientar nunha recente entrevista a súa produción monumental (1200 debuxos) e máis a súa obra gráfica interpretando a barbarie fascio-franquista da represión e da guerra, coma Goya ou mesmo de xeito superior a Goya, na expresión do mesmo Seixas. Unha obra na que, como en Cousas, foi quen de xuntar texto e imaxe dun xeito que o converten no autor galego máis universal e, canda Rosalía, no mellor acollido polo seu pobo.
Mais, sendo evidente que este Ano Castelao ha difundir a obra artístico-literaria do rianxeiro, o que máis interesa neste Ano é o espallamento xeral do Castelao político e patriota. Precisamente aquel na que máis diverxencias poden existir coa interpretación do PPdeG que dirixe o Goberno galego e a maioría parlamentaria na que se alicerza.
Castelao acreditaba que Galicia era unha nación á que lle pertencía o dereito a decidir de xeito soberano. Neste contexto a aprobación dun Estatuto como o de 1936 era para é un compromiso histórico provisional do que adoito dubidou no seu longo exilio (1939-150), precisamente diante da inflexibilidade centralista e unionista da meirande parte do republicanismo español. Velaí a súa angueira, canda o lehendakari Agirre, de artellar GALEUSCA como alianza das tres nacións que garantira unha reinstauración republicana dende un pacto federal (en realidade confederal nas cuestións máis políticas, lingüísticas, culturais e da administración territorial).
Castelao apostaba polo entendemento federal-plurinacional, entendido dende a coexistencia pacífica e colaborativa entre todos os pobos para artellar unha nova República, a Confederación Ibérica con Portugal, e máis na Unión Europea na que acreditaba. Castelao era un demócrata que acreditaba na xustiza social nunha sociedade interclasista e nas liberdades.
Mais Castelao, por riba de todo, foi un grande patriota que soubo conectar coo pobo e tamén facer política, quitando petróleo das limitadas cartas coas que lle foi dado xogar na partida. Velaí o seu grande prestixio dentro e fóra do País, en vida e despois dela. E tamén os seus éxitos: i) conversión do Partido Galeguista (1931-1936) nun partido de masas, ii) aprobación pola xa comentada amplísima maioría do Estatuto (28.06.1936), recepción parlamentaria do mesmo (Montserrat, 1938) e aprobación do mesmo condicionada á restauración republicana no territorio galego (México DF, novembro 1945), iii) constitución do Consello de Galiza como representante fideicomisario da vontade política do noso País na ditadura franquista (1944), participación como ministro representante de Galicia no Goberno republicano de Giral (1946-47) e v) dinamización resultante de GALEUSCA, o que constituiu o precedente do recoñecemento na Constitución do 1978 do dereito de Galicia, Euskadi e Catalunya, como nacionalidades a acceder directamente ao meirande nível de autogoberno e a negociar cadanseu Estatuto dun xeito bilateral.
Neste 2025, sen dúbida, é o tempo da difusión do Castelao patriota, do Castelao político. O persoeiro galego máis importante do século XX.
















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



