“Porque lle queremos ao Entroido e porque estamos obrigados a velar pola seguridade dos nosos veciños, solicitámoslle a Cajoto que recapacite e que busque outra ubicación”, finaliza o voceiro do PP de Foz
Foz, 9 de xaneiro de 2025. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Foz, Javier Castiñeira, pídelle a Cajoto que cambie a ubicación da carpa do Entroido para evitar os problemas de seguridade do ano pasado. O PP faino nun exercicio de responsabilidade e despois de escoitar a preocupación de moitos veciños e consideran que “sería neglixente manter o emprazamento da instalación nun humedal inseguro e nunha rúa tan estreita que limita a circulación fluída das persoas”.
“Despois dos graves episodios de embotellamento provocados pola mala elección da parcela e o mal deseño do recinto, veciños e membros das comparsas recórdannos os apuros e as crises de ansiedade que tiveron que vivir o ano pasado e que, grazas a actuación da Garda Civil, non chegou a máis e non queren que se volva a repetir. Por todo iso, no pasado pleno presentamos un rogo para que se creara unha comisión de seguemento do Entroido ofrecendo a nosa colaboración que foi desprezada polo alcalde. Polo tanto, como primeira medida entendemos que non se pode manter a localización do ano pasado porque, ademais de asentarse nun humedal, a rúa Atalaia é moi perigosa e condiciona tamén á rúa Corporacións, a cal está a 30 metros e que cos cambios de Cajoto agora aumentou de forma considerable o tráfico”, sinala o popular, Javier Castiñeira.
Polo tanto, a parcela é unha trampa que debe evitarse e, ademais, o anos pasado equipo de goberno non quixo crear a comisión de investigación que pedía o Partido Popular e agora a xente ten dúbidas e medos porque ninguén do concello explicou aínda cal fora o problema real.
“Porque lle queremos ao Entroido, porque nos tocou organizalo e fixemos con éxito, e porque estamos obrigados a velar pola seguridade dos nosos veciños, solicitámoslle a Cajoto que recapacite e que busque outra ubicación”, finaliza o voceiro do PP de Foz.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



