Viveiro, 4 de xaneiro de 2025. O Concello de Viveiro prepárase para a súa Cabalgata de Reis, que comezará ás 17:30 de mañá, domingo 5 de xaneiro. Con este motivo infórmase á veciñanza das restriccións de estacionamento durante a xornada.
Por motivos de seguridade, estará valada a Travesía da Mariña dende o Hotel Urban ata a Ponte da Misericordia, polo que non se poderá estacionar nesa zona.
Neste sentido, lémbrase que se pode facer uso do parking municipal Aparcamentos A Mariña, ubicados na rúa Juan García Navia Castrillón número 4. Ademais, infórmase que se realizaron xestións con Portos de Galicia para poder utilizar como aparcamento o porto deportivo.
O prezo por hora do aparcadoiro municipal, que se atopa a 50 metros da zona urbana. é de 1,04€. Hai dispoñibles abonos de 15 días por 30,25€, dunha semana por 24,85€ e de fin de semana (dende o venres ás 18:00 ao luns ás 10:00) por 13,95€.
Se as condicións meteorolóxicas impiden o desfile, os Reis Magos estarán ás 19:00 no balcón da biblioteca para falar con todos os nenos e nenas, facendo uso da carpa da praza
Por outra banda, o Concello prepara un plan B para a Cabalgata de Reis en caso de que as condicións meteorolóxicas impidan que esta se desenvolva como estaba previsto.
A alcaldesa María Loureiro sinala que “dende o Concello vamos agardar ata o último momento para poder sacala adiante, xa que traballamos moito para facer unha cabalgata bonita e do agrado da xente”.
“Porén, xa que as previsións meteorolóxicas non son moi alentadoras, temos este plan B para o caso de que chova e non poida sair o desfile”, sinala a rexedora.
Neste caso, os Reis Magos estarán ás 19:00 no balcón da biblioteca para falar con todos os nenos e nenas, xa que tendo a carpa na praza pódense resgardar da choiva. A continuación, as súas maxestades recibirán a cada un dos nenos e nenas na sala multiusos como estaba previsto.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



