As Pícaras impóñense no Martín Freire, cuns complicados primeiros 15 minutos e abrindo un festival de goles no minuto 19
Burela, 4 de xaneiro, 2025. Ás 13.00h desta tarde, 12.00h en canarias, celebrouse a 15ª xornada da liga de Primeira División Iberdrola FS, o Gran Canaria FSF Teldeportivo – CD Burela FS, partido que se aprazou e que se xogaría o 21 de decembro, antes de Nadal, data na que se xogaron os demais e na que o Futsi caeu ante o líder da táboa, o que permitiu hoxe empatar ao conxunto mariñán empatar a puntos coas súas eternas rivais madrileñas. O encontro disputouse no Pavillón Martín Freire e finalizou cun resultado 2-9.
Primeira parte complicada nun inicio para o conxunto de Julio Delgado, que non logra poñerse por diante no marcador nos primeiros 16 minutos, pero conseguindo manter o empate ata entón, con bastantes ocasións que non lograron finalizar con tino. No minuto 19 Emilly consegue adiantar o marcador e abre paso a un festival de goles por parte do conxunto visitante chegando ao descanso cunha vantaxe de 3 tantos. No minuto 2 Paola aproveita un erro defensivo de Cami e anota o primeiro chegando soa á portería defendida pola brasileira Ana Eliza. Tras varias ocasións do Burela, dúas clarísimas de Emilly e Cilene que salva a porteira, chega o empate cun disparo imparable de Patricia nunha moi boa combinación con Cilene que lla coloca á perfección nunha bonita deixada fóra da área. Mantense o 1-1 ata o minuto 16 no que Virginia volve avantaxar ás canarias anotando o segundo nunha boa combinación con Susana nunha transición tras un roubo. Pero segundos despois Cilene logar empatar de novo cun golazo por toda a escuadra nun disparo afastado tras un saque de esquina de Carolina Pedreira e pase de Cami que lla coloca á perfección. A un minuto de rematar o encontro Emilly desata a tolemia cun golazo nunha xogada invididual pola banda que culmina coando o balón por toda a escuadra. Segundos despois Dinha anota o 2-4 rematando dende a área un disparo de Dany e aínda quedaba tempo para o 2-5, un gol de Débora que a coa entre a defensa rival nun disparo frontal case desde o bordo da área.
Arrinca a segunda parte cun Telde ofensivo pero que non logra vencer o dominio de xogo das pupilas de Julio Delgado. A 4 minutos do inicio deste segundo tempo chega o sexto do Burela e o segundo de Emilly que logra vencer a Mariona nun rexeite tras un primeiro disparo nunha boa combinación con Antía Pérez. Aposta polo xogo de 5 para 4 o conxunto canario xa no minuto 25 tentando aumentar as opcións de xerar tiros a porta. Pero logo chegan outros dous tantos por parte do conxunto burelense no ecuador destes segundos 20 minutos. Primeiro un golazo de Dinha que a axusta ao pau cunha boísima paralela tras un pase de Carolina Pedreira e o 2-8 cun remate de Patricia dende o segundo pau a un pase de Débora tras unha boa combinación con Carolina. Mantense o marcador nos seguintes minutos ata que chega o noveno das burelenses e o hat-trick da Máquina Emilly que vence a Mariona na área nunha boa combinación con Débora Lavrador. Remata o encontro cun resultado final 2-9.
O conxunto feminino do CD Burela FS consegue empatar con 40 puntos ao Futsi na táboa clasificatoria, colocandose segundas e volven á casa para prepararse para o próximo partido, primeiro partido deste 2025 en Vista Alegre, o sábado 11 de xaneiro, ante un perigoso rival, o STV Roldán, ás 18.45h
Ficha Técnica Gran Canaria FSF Teldeportivo 2-9 CD Burela FS
Gran Canaria FSF Teldeportivo (2): Mariona; Collado, Susana, Virginia, Paola, –cinco inicial-, Idoya, Gema, Ra, Unami, Thais, Jacke, Myrielen. Entrenador: Cristina Gimeno.
CD Burela FS (9): Caridad; Dany (C), Cami, Antía Pérez, Emilly – cinco inicial-, Carolina Pedreira, Patricia, Cilene, Débora, Noelia Montoro, Dinha, Caridad. Entrenador: Julio Delgado.
Goles: 1-0, min.2: Paola. 1-1, min.6: Patricia. 2-1, min.16: Virginia. 2-2, min.16: Cilene. 2-3, min.19: Emilly. 2-4, min.20: Dinha. 2-5, min.20: Débora. 2-6, min.24: Emilly. 2-7, min.29: Dinha. 2-8, min.29: Patricia. 2-9, min.33: Emilly.
Árbitros: Davinia Dorta Figueroa, Carmen Gara Rodríguez Morales, Daniel Navarro Hernández e Laura Cabrera Rodríguez.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


