Centros como o de Burela teñen como obxectivo prestar aloxamento, manutención e asistencia psicosocial urxente e primaria, así como outros servizos sociais encamiñados a facilitar a convivencia e integrar na comunidade ás persoas
Burela, 3 de xaneiro de 2025. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou hoxe en Burela a colaboración dos Concellos para que as persoas migrantes acaden a plena inclusión na Comunidade. Fíxoo durante unha visita ao centro de acollida burelés, xunto á alcaldesa, Carmela López, para coñecer de primeira man as necesidades das persoas que viven alí e dos profesionais da ONG Rescate que os atenden.
Pedro Blanco agradeceu tanto á rexedora como ao persoal humanitario a súa resposta, “á altura dunha emerxencia humanitaria como a que vive España, que permite enchernos de orgullo ao comprobar que vivimos nun país acolledor e cheo de empatía”. O delegado desprazouse a Burela, ao igual que fixera antes en Valga e Santiago de Compostela, entre outros municipios de acollida, para supervisar a correcta situación destas persoas.
“A acollida das persoas migrantres non sería posible sen unha estreita colaboración institucional”, salientou o delegado, quen fixo fincapé no importante labor que realizan tanto os diferentes concellos de acollida galegos como a Xunta de Galicia. “Traballando unidas, todas as administracións dotan de oportunidades para lograr un futuro próspero ás persoas migrantes que chegan a Galicia, garantindo a súa inclusión social”, indicou o delegado.
Así mesmo, lembrou que a meirande parte destas persoas foxen das guerras existentes nos seus países de orixe ou dos cambios no clima que dificultan a vida nas súas terras. “Con exemplos como o de Burela queda claro que Galicia e toda España, como país acolledor e integrador, están dando resposta a través das súas diferentes institucións”, subliñou Pedro Blanco desde o centro de acollida mariñao.
Centros como o de Burela teñen como obxectivo prestar aloxamento, manutención e asistencia psicosocial urxente e primaria, así como outros servizos sociais encamiñados a facilitar a convivencia e integrar na comunidade ás persoas migrantes.
Sen deixar de traballar pola integración social
A estancia en Burela e no resto de Galicia das persoas migrantes baixo a coordinación das diferentes organizacións non gobernamentais dáse de xeito temporal, nos meses nos que se resolve a súa situación administrativa. Deste xeito, as persoas aloxadas temporalmente en Burela chegadas desde as Illas Canarias irán abandonando os centros de acollida conforme poidan traballar e moverse polo territorio libremente, coa súa documentación en regra.
Desde que as persoas migrantes chegan ás Illas Canarias, profesionais especializados desenvolven para elas un completo itinerario segundo as súas necesidades, recursos, formación etc. Xa nos centros de acollida da península, realízase un perfil máis completo de cada persoa para facilitar a súa integración social e laboral. Unha vez chegado ao lugar de acollida nas disatintas comunidades autónomas, finalízase ese itinerario e lévase a cabo un seguimento da evolución persoal e o grao de autonomía adquirido. Ao mesmo tempo, garántese que estas persoas reciban educación e formación segundo as súas necesidades e aptitudes particulares





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



