Ribadeo, 2 de xaneiro de 2025. O alcalde, Dani Vega, cualifica de exitosa a campaña das Panchas, que rematou o pasado 31 de decembro. Durante máis de tres meses foron canxeadas preto de 240.000 panchas.
O rexedor dixo que “remata toda unha exitosa campaña das Panchas, a nosa moeda local. Supuxo unha inxección económica a todo tecido comercial de Ribadeo. Polo tanto, creo que os datos falan por si mesmos. Foron 240.000 panchas vendidas, iso supón toda unha inxección económica para todo un tecido comercial e unha colaboración económica para as persoas que veñen a Ribadeo comprar e unha colaboración económica a todo un tecido, a toda unha estrutura comercial”.
Vega lembrou que “empezabamos en setembro, xa tendo en conta que había que axudar a moitas familias que querían comprar o material escolar e isto supón unha colaboración económica para esas familias, e sen lugar a dúbida tamén un reforzo para todo o comercio. E todo o que implica durante esta campaña de Nadal un reforzo de 240.000 Panchas, que supón que investimos 85.000 euros en total na campaña das Panchas”.
Para o alcalde ribadense: “os datos son positivos. Seguiremos traballando para mellorar e para facer posible que esta campaña volva empezar en setembro, porque parece moi importante reforzar desde setembro, xa que se incrementan os gastos, xa que moitas familias teñen os seus nenos, entran nos colexios, necesitan ese material, polo tanto parécenos moi importante empezar en setembro e rematar o 31 de decembro. Un resultado moi positivo, repito, esas 240.000 panchas, 85.000 euros que foron investidos por parte do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia, xa que é importante tamén a colaboración que tivemos da Dirección Xeral de Comercio con ese reforzo para as panchas de 20.000 euros”.
Dani Vega tivo palabras de agradecemento: “agradecemos toda a colaboración de todo o sector comercial, de Acisa e tamén dos técnicos municipais por facer este traballo tan importante que supón un reforzo à estrutura económica local”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, destacou “a importancia que ten para os negocios locais a campaña da Pancha, que chegou á súa sexta edición. Implica que a veciñanza siga a apostar polos comercios e pola hostalería locais durante máis de tres meses. Cada persoa empregou as panchas adaptándoas ás súas necesidades: para a volta ao cole, para comprar artigos para o inverno ou para mercar os agasallos de Nadal. Trátase da combinación perfecta para seguir apoiando aos negocios de Ribadeo”.
E engadiu: “grazas ao Concello de Ribadeo por contar coa colaboración de Acisa nesta importante campaña. Agardamos que siga a ser un revulsivo para os negocios ribadenses en futuras edicións”.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



