A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo presidiu este venres os órganos reitor e participativo e sinalou que o incremento, de case un 270%, “responde ao compromiso da institución con estes territorios, co rural e co medio ambiente”
Lugo, 21 de febreiro de 2025. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu este venres no Salón de Actos do Pazo de San Marcos os órganos reitor e participativo da Reserva da Biosfera Terras do Miño, nos que tamén participaron o Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, e o Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón. Como fixo no encontro de onte celebrado en Cervantes, a responsable provincial anunciou que a Deputación reforzará este 2025 o tecido asociativo que traballa no territorio, neste caso 220.000€.
Trátase dun incremento de case un 270% respecto do ano anterior e que, tal e como anunciara o Presidente hai apenas un par de meses “responde ao compromiso da institución con estes territorios, co rural e co medio ambiente”. Nese sentido, García Porto puxo en valor o traballo dos colectivos e destacou que é grazas ao seu esforzo que “Terras do Miño e, os 26 concellos que o conforman, se consolida como un espazo de referencia en termos de protección ambiental e modelo de desenvolvemento equilibrado e inclusivo”.
Especificou que este ano haberá dúas liñas de axuda: unha destinada ao financiamento de actividades, que se duplicará dos 60.000€ aos 1200.000€; e outra nova que servirá para financiar investimentos, que estará dotada con outros 100.000€.
Os órganos reitor e participativos aprobaron ademais a proposta das actuacións estratéxicas para este ano, que se enmarcan no Plan de Xestión aprobado o ano pasado para o período 2024-2034 e que está centrado na conservación, o desenvolvemento sostible e o apoio loxístico da Reserva. Tamén saíu adiante a programación de actividades para esta anualidade, que inclúen un total de preto de 100 accións entre as que se inclúen as de educación e divulgación ambiental que se celebran no Centro de Interpretación, as que se desenvolven nos hortos urbanos do Rato ou as diferentes iniciativas que se realizan nos diferentes concellos do territorio.
Superada a revisión decenal da UNESCO
Ademais, durante as sesións a Deputada tamén deu conta de que a Reserva Terras do Miño superou a segunda revisión decenal que realiza o Consello Científico español e que se encarga de aprobar o Consello Internacional de Coordinación das Reservas da Biosfera da UNESCO. Trátase dunha inspección periódica importante, que se realiza cada 10 anos, na que se avalía o seu funcionamento, zonificación, escala e implicación da poboación. Unha oportunidade para obter un estudo cualitativo das accións que se poñen en práctica no territorio co obxectivo de mellorar a calidade das reservas e o seu funcionamento como espazos de desenvolvemento sostible.
Unha nova asociación
Nese sentido, durante a reunión Pilar García Porto anunciou a incorporación dun novo membro no órgano participativo da Reserva logo de que a solicitude de ingreso fose aprobada polo órgano reitor. Desta maneira, incorpóranse a Asociación Frodeira, do concello de Láncara. No caso da Reserva da Biosfera Terras do Miño, o órgano participativo conta xa con 36 entidades entre as que se inclúen estas novas incorporacións que se fixeron efectivas este venres.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



