Foz, 21 de febreiro, 2025. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo 2 de marzo a partir das 20:30 h, no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do entroido focego, que como en anteriores ocasións correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro e o grupo de pandeireiteiras da Subela.
A asociación cultural A Pomba do Arco quere convidar a todos os veciños e veciñas do Concello a colaborar con esta actividade, agudizando o enxeño e achegando as súas coplas ás diversas caixas colocadas en diversos establecementos de Foz. A entidade organizadora indica que estas caixas atópanse “Eskina”, “Leyton”, “Lar”, “Anduriña”, “Muelle Bar”, “Cevexaría Augas Santas”, “Funcional”, “Pachán”, “A Bolera”, “Dandy” e “Xoiña”
O colectivo organizador introduce unha nova posibilidade de participación para a veciñanza. Neste sentido, abre unha conta de correo electrónico, apombadoarco@gmail.com para que os veciños que o desexen acheguen a súa composición ou copla pola vía dixital. Asemade, a entidade sinala que a data tope para a entrega das coplas nas caixas depositadas nos estabelecementos hostaleiros é o xoves 27 ás 20:00 horas.
O éxito e a continuidade do Touporroutou depende da participación veciñal polo que solicitamos dos focegos e das focegas o seu apoio e a súa axuda, elaborando coplas e cantigas sobre os temas que consideren de interese, a fin de que esta actividade sexa realmente unha autentica crónica da vida social de Foz ao longo deste último ano.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



