O líder socialista animou a todos os galegos e galegas a unirse mañá en Santiago na manifestación “en favor da nosa lingua, que temos que protexer e preservar”
A Fonsagrada, 22 de febreiro de 2025. O secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, animou hoxe desde A Fonsagrada a todos os galegos e galegas a unirse á manifestación a prol do galego que mañá terá lugar en Santiago. Trátase dun acto “que non vai contra ninguén, senón a favor do noso idioma, que temos que protexer e preservar”, asegurou.
Besteiro trasladou a importancia de potenciar o uso “do noso sinal de identidade máis íntimo”, como é o idioma propio, durante a súa visita á 28.ª Feira do Butelo, que esta fin de semana se celebra na localidade lucense. Tras o percorrido polos postos instalados na praza do Concello, destacou a importancia “da economía que se move en torno á gastronomía” en eventos que exaltan, en especial, os produtos de proximidade, “o que temos ao lado da nosa casa”.
Sinalou, nese senso, que o Grupo Socialista acadou esta mesma semana o voto unánime das formacións políticas con presenza no Parlamento de Galicia a unha iniciativa que ten como obxectivo primar os produtos locais nas contratacións públicas. O obxectivo é que os produtos de quilómetro cero “estean nos servizos públicos” que presta a Xunta de Galicia.
A iniciativa insta á Xunta a adoptar medidas concretas para garantir que os produtos de proximidade sexan prioritarios na contratación para colexios, hospitais e residencias, xa que a contratación pública representa preto do 20 % do PIB galego e constitúe unha ferramenta clave que podería empregarse para fortalecer a economía local, mellorar a calidade alimentaria e reducir o impacto ambiental. Reverteríase así a falta dunha estratexia clara por parte do Goberno galego nesa materia.
Ao tempo, esa aposta polos produtos de quilómetro cero non só repercutiría na economía a nivel local, senón que tamén se trata dunha cuestión de responsabilidade social e ambiental, con beneficios para os produtores galegos e galegas e para o medio.





















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



