Ribadeo, 10 de febreiro de 2025. Ribadeo eliminará a maleza existente entre a fonte de Guimarán e as escaleiras de acceso á capela de San Miguel, onde esta fin de semana se produciron desprendementos. O Concello solicitará unha subvención á Xunta para arranxar todo ese espazo natural.
O alcalde, Dani Vega, anunciou que “vamos solicitar unha subvención para rehabilitar, para mellorar toda a fonte de Guimarán e todo o seu entorno. Aquí temos un problema que, dado que non houbo un coidado e unha conservación durante estes anos, producíronse derrubamentos da maleza e tamén de terra”.
O rexedor contou que “esta fin de semana caía terra encima das escaleiras que van saír á capela de San Miguel ou tamén ao lado mesmo da fonte de Guimarán. Estes problemas lévaos habendo hai moito tempo, e non pode ser que nos quedemos en retirar a terra e nada máis, hai que poñerlle solución. Por iso vamos solicitar á Xunta de Galicia unha subvención para rehabilitar a fonte, para rehabilitar todo ese espazo, tamén recuperar as escaleiras, vamos mellorar toda a iluminación desta zona e vamos eliminar toda esta maleza que hai desde a fonte de Guimarán ata a capela de San Miguel. Toda esa maleza que leva moitísimos anos aí e non houbo ningún tipo de coidado para ter este espazo limpo”.
Vega subliñou: “nesta ocasión, o que vamos é actuar, vamos limpar, vamos tamén despois humanizar todo este entorno con plantas trepadoras, vamos tamén plantar árbores a mellorar todo o espazo natural, pero evidentemente hai que conservalo. Non é simplemente quedarse en solicitar agora a subvención e despois esquecerse. Vamos solicitar, vamos arranxar, vamos mellorar e despois vamos conservar todo o espazo da fonte de Guimarán, toda esa ladeira que chega á capela de San Miguel, que debemos coidar. Debemos tamén introducir plantas que trepen e que impidan o crecemento da maleza”.
O alcalde ribadense dixo: “trátase dunha subvención que sobrepasará os 20.000 euros, vamos solicitarlla á Xunta de Galicia e así vamos arranxar un problema que non é de agora, é de hai moito tempo, pero temos a obriga de solucionalo”.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



