-O próximo 21 de febreiro, ás 5 e media da tarde na Biblioteca Viejo Pancho de Ribadeo, impulsado por amarinha.gal, terá lugar un encontro sobre o coñecemento común e as súas implicacións, da man da Wikipedia. Sirvan estas verbas como achegamento e información.-
Se pasas por internet, de seguro te terás metido algunha vez na Wikipedia. Por exemplo, na Galipedia, gl.wikipedia.org, a versión en lingua galega. Para usala e beneficiarte, alguén tivo que programar unha wiki, e alguén que compartir coñecementos, imaxes… Hoxe por hoxe, a Fundación Wikimedia ten desenvolto toda unha serie de espazos asociados que complementan ás diversas wikipedias. Asi, MetaWiki e MediaWiki e Wikifuncitons, enfocadas á coordinación, desenvolvemento e libraría de funcións, e as máis afastadas do usuario común. Pero tamén Commons e Wikidata: un, o repositorio multimedia do que collen os vídeos e as imaxes a Galipedia e as demais Wikipedia, e a outra, unha auténtica base de datos dispoñible para todo o mundo. Ou Wikispecies, Wikinews, Wikiversity e Wikivoyage, as wikis especializadas nos detalles dos seres vivos, nas noticias, en presentar os coñecementos académicos ou en facer de guía turístico a nivel mundial. E, xa máis achegados a nós, tomando os nomes que se lles deu no caso galego, Galizionario, Galilibros, Galifontes e Galicitas. Estes últimos, farían de dicionario, editorial de novos libros, editora en internet de vellos libros cando o permiten os dereitos, e citas, en galego. De Commons e Wikidata, podemos obter pantallas con indicacións en galego, pero o que se visualiza é para todas as linguas, e teñen a mesma información para todas elas. Polo contrario, o grupo Wikinews e compaña ten diferentes versións en cada lingua. Como meter datos, imaxes, texto, implica traballo e voluntarios, tense desistido na práctica dunha ‘versión galega’ delas.
Dende a súa creación vai para un cuarto de século, a Fundación Wikimedia, ten tamén medrado e recadado fondos de pequenas e grandes doazóns non só para manter os servidores, senón para un equipo técnico que desenvolva e faga medrar que xa hai, administración para xestionar cartos, etc. Mais, aínda así, o traballo segue estando baseado en voluntarios e voluntarias.
A Galipedia, glwiki, ten contidos ben diferenciados dos da eswiki ou da enwiki, aínda que algúns sexan traducións doutras versións. “Vilaselán, Ribadeo”, non existe como entrada da enwiki nin de outra wiki a excepción da eswiki, onde é un pálido reflexo reducido da entrada na Galipedia. Se nos imos a unha entrada como “Vía Láctea”, aparece nas tres versións anteditas, e pódese pasar dunha a outra. E aínda que non poña o mesmo, como cuestión común, pode presentar unha certa semellanza entre elas, dentro da diversidade. Hai 17 anos un estudo amosou que a ‘calidade’ da enwiki xa era semellante á daquela louvada Enciclopaedia Britannica, e dende entón non deixou de mellorar. Pero mesmo daquela a española Enciclopedia Espasa, non recollía a entrada sobre a “Batalla de Trafalgar” no mesmo senso que a súa competidora inglesa, e hoxe nesa entrada da enwiki pódese atopar unha certa diferencia coa correspondente na eswiki,. Algo semellante pasa coa entrada “Revolución galega de 1846” (glwiki) ou “Levantamiento de Solís” (eswiki), o que se pode apreciar xa só con fixarse no título.
Algunha cousa que pode que non saibas: pódese baixar un artigo ou un conxunto, en pdf, facendo un libro. Pódense ver as versións anteriores dun artigo, e cando e por quen foron variadas. Poden procurarse en Commons imaxes de máis calidade que as que aparecen nun artigo da Galipedia ou outra Wikipedia. Pódese dispor de xeito estruturado os datos dun persoeiro a través de Wikidata, que tamén ten unha linguaxe propia para facer a súa procura. Ou procurar algún que outro libro vello en Galifontes ou manual novo en Galilibros. Entre outras cousas, porque ‘a familia Wikimedia’ non só é ampla, senón multiusos, unha especie de ‘navalla suíza’ para o coñecemento. Así, na Galipedia podes atopar coñecementos xerais, como o decurso da Segunda Guerra Mundial, especializados nun campo concreto, como o Observatorio Europeo Austral, pero tamén a historia íntima dun recuncho de Galicia que terá dificultade en aparecer noutros lugares; a evolución da súa poboación, toponimia, monumentos e historia temporal da ribadense parroquia de Santalla da Devesa, reunidos nun só artigo.
Para rematar, dicir que a guía para a edición, os chamados ‘cinco piares’, tentan garantir que esta enciclopedia, a Wikipedia, siga a medrar en cantidade e calidade. Poden resumirse como “Enciclopedia, neutra, libre, consensuada e cambiante”. E que Wikipedia é túa, é común. De todos e para todos: usa e coida do patrimonio común. Ela e ti.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



