Houbo varias actividades e o tradicional desfile, no que o Concello repartiu máis de 3.400 euros en premios
Cariño, 7 de marzo, 2025. A maxia do Entroido encheu, durante as últimas xornadas, as rúas de Cariño. O Concello celebrou diversas actividades para todos os públicos desde o pasado sábado, cando se deu inicio a unha festividade que se converteu nunha das máis características da comarca, contando cun importante número de participantes e de visitantes.
Todos eles puideron gozar das charangas, actuacións musicais, animacións ou xogos xigantes, todo iso coroado coa celebración do tradicional desfile de Entroido, no que se repartiron máis de 3.400 euros en premios entre as diferentes categorías.
O desfile deu comezo ás 18:00 horas desde o Polideportivo Municipal e concluíu varias horas despois na Carpa da Praza Roxa, onde se fixo a entrega de premios tras a votación do xurado. En total, o Concello de Cariño repartía premios entre cinco categorías diferentes: Comparsas, Grupos adultos, Grupos infantil, Individual ou parellas adultos e Individual ou parellas infantil, aínda que esta última categoría quedou deserta.
Na categoría de Comparsas, o primeiro premio foi para ‘Los infieles’ (1.200 euros), o segundo premio foi para ‘Os Argalleiros’ (800 euros) e o terceiro foi para ‘Moulin Rouge’ (400 euros).
Na categoría de Grupos adultos, os premiados foron ‘Arte Mandarino’ (300 euros), ‘Os Carrochas’ (150 euros) e ‘Volando Voy’ (100 euros), mentres que na de Grupos infantil os galardoados foron ‘Las reinas de la sabana’ , ‘Plumas de Ortegal’ e ‘Los leones de Montepinar’.
Para finalizar, os premiados na categoría Individual ou parellas adultos foron ‘Fantasía de colores’, ‘Caterín e Caterina’ e ‘Máquina recreativa’. A categoría Individual ou parellas infantil, como se citou anteriormente, quedou deserta.
Desde o Concello de Cariño quixeron agradecer “la implicación y el trabajo de todos los participantes”, así como parabenizar especialmente “a todos los miembros de la Comparsa ‘Los Infieles’ por la consecución del primer premio y por el gran trabajo realizado en este desfile de Entroido”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



