Viveiro, 27 de marzo, 2025. A portavoz do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, denuncia que o Partido Popular impediu que a Xunta asuma a súa responsabilidade sobre o Conservatorio de Viveiro ao votar en contra da proposición non de lei presentada polo BNG no Parlamento galego, a través da deputada Cristina Fernández Davila. A súa intervención produciuse despois da presentación de case 9.000 sinaturas en apoio a esta demanda, das cales máis de 6.000 foron recollidas polo profesorado, alumnado e familias do Conservatorio de Viveiro.
A negativa do PP a asumir responsabilidades responde a que o Conservatorio de Viveiro foi creado por iniciativa municipal e non pola Xunta, que agora se desentende das súas obrigas. O goberno galego renuncia así á súa responsabilidade sobre un servizo educativo que debería formar parte da súa rede oficial, obrigando ao Concello a soportar en solitario o seu custo.
Actualmente, 23 concellos galegos están a soportar en solitario o custo da educación musical profesional, a pesar de que a Consellería de Educación é a encargada de expedir os títulos oficiais. No caso de Viveiro, o Conservatorio Municipal supuxo en 2023 un gasto de 1.141.676,22 euros para o Concello, unha carga económica que compromete recursos fundamentais para outros servizos públicos.
“Non é razoable que Viveiro teña que asumir en solitario esta responsabilidade. É o momento de que a Xunta actúe”, subliñou Míriam Bermúdez. “O goberno galego non pode permanecer impasible mentres os concellos quebran pola falta de apoio económico. Non se pode tolerar que un servizo supramunicipal sexa asumido exclusivamente polos concellos onde se sitúan os conservatorios.”
O BNG insta á Xunta de Galiza a poñer en marcha un plan para integrar os Conservatorios Municipais na súa rede oficial, garantindo un financiamento adecuado e un acceso igualitario á educación musical para toda a poboación.
“Ademais”, engadiu Míriam Bermúdez, “no acordo da moción de censura, Por Viveiro pediu ao PP que asumira o 30% do custo do Conservatorio, o que suporía unha achega de 350.000 euros. Polo tanto, esperamos ver ese compromiso materializado.”





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



