O Pasado 7 de Marzo no pleno muncipal onde se debatiu a Moción de Censura que me destitui como Alcaldesa dixen na miña intervención que Viveiro é o terceiro concello máis grande da Provincia de Lugo e que necesitaba o apoio e inteterés de todas as administracións.
Ante o anuncio de Portos de Galicia e o.Concello de Viveiro sobre a humanización da explanada do muelle de Viveiro e rehabilitación da casa do guarda muelles , alégrome enormemente, porque era necesario.
Pero sí que quero deixar claro e explicar como.actuou a Xunta de Galicia, neste caso Portos con nosoutros .
Levamos anos, demandando que humanicen esa zona, meses esperando que nos recibiran para falar sobre este tema, sempre se nos dixo que non había cartos, que nos cedían a explanada así como.estaba e que o arranxara o concello. Que Portos íase dedicar solo aos portos pesqueiros, e que non ían facer nada. A última vez foi na reunión en Santiago en outubro de 2024.
Agora anuncian 15 días despois do nomeamento da nova Alcaldesa o que van facer. Xa a recibiron dous días despois de tomar posesión.
É indignante que unha administración como é a Xunta de Galiacia ningunee e bloquee ao Concello de Viveiro durante máis de 15 anos polo feito de non ser da misma cor politica. Esto é unha ataque a.democracia e aos veciños de Viveiro.
Que non se queira facer ver que os anteriores gobernos non se moveron nin pediron nada porque eso é mentira, ahí está a hemeroteca para rebatilo e os escritos oficias que se enviaron dende o Concello.
Cando a Alcaldesa dice que vai recuperarnas relacións intitucionais está faltando a verdade, o Concello de Viveiro sempre tivo.boa relación coas administracións, o único é que para O 0residentes da Xunta de Galicia e algúns Conselleiros , Viveiro non estaba na súa.prioridade. E a actual Alcaldesa en diferentes cargos políticos así o permitia.
E o último desprecio ao Concello é que.cando viña alguén para temas relacionados con Viveiro da algunha Consellería o incluso o presidente de Portos a Alcaldesa tiña que ir a Consellería de Pesca onde tamén estaba presente Mariña Gueimunde.
Agora nin chaman y sí se acercan ata o Concello.
Qué xulguen os Veciños e Veciñas de Viveiro. Porque non todos somos iguais
María Loureiro Garcia. Ex alcadesa de Viveiro. Portavoz do PsdG-PSOE na Corporación do Concello de Viveiro





















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



