Rego chama a participar, máis unha vez, das mobilizacións convocadas para este domingo na Galiza en contra da implantación da macrocelulosa após coñecer o informe favorábel da Xunta de Galiza
Madrid, 17 de marzo de 2025. O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, demandará, a través dunha pregunta na vindeira sesión de control ao Goberno, ao Ministro de Industria do Goberno do Estado na vindeira sesión de control. A pregunta centrarase na posibilidade de que o Executivo denegue os fondos públicos do PERTE de descarbonización ao proxecto de macrocelulosa de ALTRI en Palas de Rei, debido ao seu impacto ambiental e socioeconómico negativo para Galiza. Así mesmo, Néstor Rego chama a participar, máis unha vez, das mobilizacións convocadas para esta fin de semana após coñecer o informe favorábel da Xunta de Galiza ao proxecto.
O BNG leva meses denunciando os efectos prexudiciais deste proxecto, que conta cunha forte oposición social na Galiza, tanto por parte da cidadanía como de colectivos ecoloxistas e do sector primario galego. Desde o primeiro momento, a formación nacionalista deixou clara a súa frontal oposición á implantación desta industria, que supón un grave risco para os recursos naturais, especialmente a auga, ademais de poñer en perigo o modelo económico sustentábel e ligado ao territorio que defende o BNG.
Rego preguntará ao Ministro de Industria se o Goberno está en disposición de rexeitar a concesión de fondos do PERTE de descarbonización a ALTRI, tendo en conta que este proxecto non só non contribúe á redución da pegada ecolóxica, senón que aumentará a contaminación e o consumo excesivo de recursos naturais. “O BNG considera que destinar diñeiro público a unha iniciativa que vai en contra dos principios de sustentabilidade é inaceptábel e supón unha traizón aos intereses da maioría social galega” subliña o deputado nacionalista.
“Atendendo ao grande impacto ambiental e socioeconómico negativo que terá o proxecto de macrocelulosa de ALTRI en Palas de Rei, está o Ministerio de Industria en disposición de denegar os fondos públicos do PERTE de descarbonización que pretende a empresa?”, será a pregunta que formulará o deputado do BNG no Congreso. “Instamos o Goberno do Estado a actuar con responsabilidade e a escoitar o clamor popular que rexeita este proxecto lesivo para Galiza. Seguiremos traballando para frear esta iniciativa e defender os dereitos da nosa xente e do noso territorio” sinala Rego.
Ademais, a formación nacionalista ten presentado diversas iniciativas tanto no Parlamento Galego, nas Cortes, o propio Parlamento Europeo e outras institucións como as deputacións e Concellos para reclamar transparencia no proceso e demandar que se escoite a voz da cidadanía que rexeita de maneira maioritaria este proxecto. “O BNG reafirma o seu compromiso na defensa dun modelo produtivo respectuoso co medio e que priorice os sectores estratéxicos galegos, no canto de favorecer proxectos especulativos que comprometen o futuro do noso País” sinala Rego.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



