Sonia Vidal critica que a Consellería do Medio Rural se dedique a facer campañas publicitarias promocionando un produto que non ten garantido o seu futuro
Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2025. A deputada do BNG, Sonia Vidal, reclamou no Parlamento medidas concretas e urxentes que garantan o futuro da Faba de Lourenzá e lamentou que o Goberno de Rueda lle dea as costas a un sector que atravesa serias dificultades. Acusou á Xunta do PP de dedicarse a facer campañas publicitarias desta leguminosa con indicación xeográfica protexida mentres a súa viabilidade está comprometida.
Vidal asegurou que o ano pasado o 80% da colleita de Faba de Lourenzá quedou sen recoller debido ás dificultades derivadas das pragas, fungos, cambio climático, choivas e humidade. Como consecuencia, moitas familias viron como a súa produción quedaba sen valor e sen saída. “Se non hai colleita, para que queren vostedes facer campaña publicitaria da IXP Faba de Lourenzá, se non haberá fabas que vender? Para anunciar o que? Fume?”, preguntou, afirmando que “gobernar non é facer anuncios, é poñer cartos enriba da mesa e solucionar problemas”.
Criticou que as axudas da Xunta son “outro engano máis” porque “non chegan a todo o sector, teñen requisitos que deixan fóra a moitos produtores, non compensan as perdas reais e o proceso é lento e farragoso, e cando chegan os cartos, é demasiado tarde”, lamentou.
Sonia Vidal Lamas denuncia que esta situación non é nova e que, malia levar dous anos advertindo sobre esta crise, o goberno do PP non tomou medidas adecuadas para atallar a situación. “Agora, cando a situación se fai insostible, sacan titulares e fotos, reuníndose co sector como se fosen os salvadores da faba, pero non moveron un dedo ata agora”, sinala a deputada do BNG.
“As produtoras e produtores xa están fartas e fartos de anuncios tarde e mal e de fotos. O que queren é saber se van poder sementar este ano, se van ter semente suficiente, se van recibir compensación polas perdas do ano pasado, se van ter medios para loitar contra os fungos que lle están comendo a planta viva, ou se van quedar abandonadas outra vez”, recalcou,
“Se tan ben coñecen o sector, por que levan anos sen poñer en marcha un plan específico para a faba? Por que levan anos sen pedir máis fondos da PAC para esta produción, cando Galiza produce o 30% de todas as leguminosas do Estado, e a maior parte na Mariña?”, recriminou.
As demandas do BNG
Neste sentido, as propostas do BNG, que foron rexistradas xa hai meses, exixen “medidas concretas e urxentes para garantir o futuro da Faba de Lourenzá”: Un plan urxente de axudas directas para as familias produtoras, xa que —aclarou Vidal— o problema é presente e, sen axuda hoxe, non hai colleita mañá”. Tamén reclama programas de formación en prácticas agrícolas que axuden a loitar contra pragas e fungos, feitos por expertos no propio territorio. Pide así mesmo a dotación de máis fondos ao Centro Pedro Murias, que leva anos sen recursos suficientes para realizar investigación aplicada, fundamental para o sector. E por último, a iniciativa insta a demandar ao Estado máis fondos da PAC para que o cultivo da faba sexa recoñecido como un sector estratéxico para Galiza.
A deputada do BNG advertiu que, se o goberno do PP non apoia esta iniciativa, —como así sucedeu— “os produtores e produtoras da faba comprenderán que, malia as promesas, o PP segue mirando para outro lado mentres o sector se afunde”. “O rural está farto de promesas baleiras, e hoxe, coa súa votación, o PP terá que demostrar de que lado están”. Apelou á coherencia e á responsabilidade do goberno do PP, lembrando que “ou hai futuro para o rural, ou non hai futuro para Galiza”. “A Faba de Lourenzá non pode esperar máis”, apremou.
Na súa intervención na Comisión de Agricultura, a deputada de Lugo quixo poñer en valor o traballo e esforzo de moitas familias que, de maneira tradicional e artesanal, cultivan esta leguminosa. “A súa produción require un coidado intensivo, o que implica un labor continuo na terra: sementado, entitorado, limpeza de malas herbas, control de pragas, colleita e selección. “Este é un modelo de produción que se distingue pola súa dedicación, e non pola produción industrial, representando a esencia do rural galego”, salientou.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



