A Mariña, martes 11 de marzo de 2025. O Bloque Nacionalista Galego leva ao Parlamento a situación de inseguridade na que se atopa actualmente o porto de O Vicedo donde desde hai anos unha gran fenda de 30 metros que o percorre lonxitudinalmente fai temer pola estabilidade do mesmo. A Consellería do Mar e o ente público Portos de Galicia anunciaran o 4 de setembro a inminente reparación e inicio das obras de estabillización do porto na visita que o presidente da entidade portuaria, José Antonio Álvarez e o conselleiro do Mar Alfonso Villares fixeran ao porto acompañados do alcalde Jesús Novo.
Seis meses despois do anuncio de reparación a situación sigue igual
“Seis meses despois seguimos como estábamos, co perigo que esta situación supón para os usuarios, tanto sexa actividade pesqueira ou deportiva ou de ocio, e para a veciñanza en xeral, e esto non é de agora, pois xa hai anos que se producíu a fenda e desde o BNG xa advertimos á alcaldía en máis dunha ocasión” afirma o portavoz municipal do BNG Miguel Gómez, que acompañou ao deputado mariñao Daniel Castro na visita que fixo ao porto, e que vai trasladar esta situación ao Parlamento co obxecto de instar a Portos de Galicia a proceder a reparar esta fenda definitivamente e proceder á súa estabilización.
Daniel Castro vai preguntar no Parlamento pola situación na que se atopa a obra, que según anunciaran no seu día o conselleiro e o presidente de Portos ía facerse en dúas fases: unha primeira para asentar o muelle, que perdía material na súa base, e unha segunda para facer un seguimento da fenda co obxecto de estabillizala. O investimento previsto era de 55.000€ para as dúas fases. Desde o BNG demandan prazos para a execución da obra e tamén queren saber se vai haber un novo investimento para a obra despois de compobarse que os traballos realizados na primeira fase non deron o resultado desexado.
Cando se trata de obras para A Mariña, o Partido Popular ralentiza
“Un ente como Portos de Galicia que despón dun considerable orzamento debe ser moito máis áxil na solución dun problema coma este que afecta á seguridade non só do sector pesqueiro no Vicedo, senón a toda a poboación, por eso presentamos esta iniciativa e agardamos que se adopten as decisións oportunas para unha pronta solución” manifestou Castro, que apuntou tamén que “cando se trata de obras na Mariña, parece que o Partido Popular ralentiza a súa actividade” concluíu.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.