José Manuel Gómez Puente afirma que “insistiremos e non pararemos ata a que se acenda de novo a luz neste punto e así dotar de máis seguridade esta conexión entre as dúas estradas nacionais” porque “ninguén no municipio entende que levemos tantos meses co alumeado apagado, cando se pode solucionar cunha acción tan sinxela como cambiar as lámpadas fundidas”
Barreiros, 3 de marzo de 2025. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros insisten na necesidade de cambiar as lámpadas da rotonda que une as estradas nacionais 634 e 642 e tamén da rotonda que une o acceso a autovía A-8 coa N-634, ademais da vía que dan acceso á mesma, para “garantir a seguridade viaria”.
O voceiro popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente, recorda que estes farois fundíronse en maio do ano pasado mentres que os da rotonda de acceso a autovía A-8 levan anos así e non se volveron a acender a pesar de que “esta rotonda conecta dúas das estradas máis transitadas da Mariña, polo que é un punto polo que circulan cada día miles de vehículos”. “Ninguén pode entender que non teña iluminación”, sinalou.
As estradas N-642 e N-634 son dúas das principais arterias da Mariña xa que ademais de unir esta comarca de Este a Oeste, a N-634 dá acceso a autovía A-8.
José Manuel Gómez Puente afirma que “insistiremos e non pararemos ata a que se acenda de novo a luz neste punto e así dotar de máis seguridade esta conexión entre as dúas estradas nacionais” porque “ninguén no municipio entende que levemos tantos meses co alumeado apagado, cando se pode solucionar cunha acción tan sinxela como cambiar as lámpadas fundidas”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



