Lara Méndez alertou do déficit de persoal e a falta de recursos, que provocan demoras nos diagnósticos e problemas “incluso para poder salvar vidas”
Burela, 20 de marzo de 2025. A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, chamou hoxe en Burela, ás portas do Hospital Público da Mariña, a participar na manifestación convocada para este domingo en Viveiro baixo o lema “Pola resurrección da nosa sanidade”. Foi tras a reunión que mantivo con representantes do persoal sanitario, na que tamén participaron o secretario de Sanidade e voceiro da Executiva do PSdeG, Julio Torrado; a alcaldesa de Burela, Carmela López, e a portavoz socialista no Concello de Viveiro, María Loureiro.
Méndez mostrou a súa preocupación “pola situación sanitaria en todos os niveis”, tanto nos centros de saúde coma en hospitais comarcais “que están padecendo un déficit de persoal, de servizos e de atención”. Iso sófreno os pacientes, “con diagnósticos que chegan tarde, con enfermidades que evolucionan antes de ser atalladas” e, como resultado, con problemas “incluso para poder salvar vidas”, dixo tras escoitar as demandas “dos facultativos, dos técnicos e do comité de empresa” do centro.
A tamén deputada sinalou que, aínda que se trata dun problema “xeralizado”, estase a vivir con especial preocupación no hospital da costa lucense. Por ese motivo, fixo un chamamento “a toda a poboación da mariña” a participar na marcha que este domingo percorrerá as rúas de Viveiro. “O PSdeG estará alí, porque queremos que a Xunta de Galicia escoite as demandas da cidadanía e, sobre todo, lle dea solución aos seus problemas”, asegurou.
Carmela López insistiu tamén na importancia dunha mobilización a través da que se quere reivindicar “non soamente a mellora que se necesita no hospital de Burela, senón tamén na atención primaria da comarca”.
Pola súa banda, Julio Torrado advertiu da situación “preocupante” que se vive no sistema sanitario “desde hai moito tempo”. Denunciou que o “déficit continuado” de profesionais non se debe “nin a un erro puntual nin a unha mala xestión involuntaria”, senón que se trata dunha “decisión voluntaria” do Goberno do Partido Popular. Para o secretario de Sanidade, “o sistema sobrevive e funciona grazas aos profesionais e pese aos seus dirixentes”.
Torrado demandou “mellores condicións para os profesionais, máis recursos e mellores instalacións, e que o sistema sanitario sexa un obxectivo prioritario para a Xunta, porque hoxe non o é”. E esixiuno, en especial, para “unha das comarcas máis maltratadas polo Sergas”, que parece que ten “todo pensado para facelo mal a propósito”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



