Taramundi, 31 de marzo, 2025. O sábado 19 de abril de 11:00 a 15:00 h celébrase en Taramundi a XXVIII Feira do Queixo e Produtos Locais.
Daranse cita nesta edición máis de 45 expositores dos que 26 son queserías, 5 artesáns de cuchillería de Taramundi e outros produtos agroalimentarios de Taramundi (sidra, pan, mel, zumes de arando, ovos e embutidos) ademais dunha adega e casetas dedicados á elaboración de cervexa artesanal.
Entre as variedades de queixo presentes na feira están as DOP Cabrales, Gamoneu, Afuega´l Pitu, Sopapo do Casar, Picón Bejes Tresviso, San Simón da Costa, Cebreiro, Arzúa-Ulloa…ademais doutros queixos artesanais de autor, algúns de produción ecolóxica. Con denominación de orixe tamén atoparemos na feira a Sidra Sollerio e o Viño de Cangas. Ademais 17 expositores pertencen a márcaa Alimentos do Paraíso.
Como todos os anos estarán presentes queserías de Asturias, Galicia, Cantabria, Huesca, Valladolid, Zamora ou León.
Agárdase rexistrar este ano a mesma afluencia de público que en edicións pasadas, desexando que as vendas sexan boas para todos os participantes.
O público asistente terá a oportunidade de degustar unha ampla variedade de produtos de calidade; ademais, ao realizar unha compra na feira poderá participar no sorteo de varios lotes de produtos do certame.
A banda de gaitas Xentidumbre que nace da unión das bandas de gaitas o Penedón de Castropol, A Raíña do Truébano de Navia e o Enxambre, será encárgaa do pasacalles.
Este ano a novidade da feira incorpora un servizo de autobus lanzadeira que operará desde as 11 da mañá ata as 16:30 da tarde realizando o traxecto polígono industrial de Taramundi habilitado como zona de aparcamento, centro do pobo e viceversa. Con esta medida preténdese facilitar a comodidade e mobilidade cara á feira das persoas que aparquen no polígono industrial de Pardiñas situado a 800 metros de Taramundi ademais de desconxestionar as rúas da vila.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



