“Marina Gueimunde amosou unha actitude prepotente e de censura no pleno primeiro pleno que presidiu, non deixando falar e de xeito déspota dirixindose aos concelleiros da oposición, menos ao grupo de Por Viveiro”
Viveiro, 27 de marzo, 2025. Onte celebrouse o pleno de organización no Concello de Viveiro “e foi lamentable a actuación da nova alcaldesa. Veu ao pleno coma nerviosa e con ganas de revancha. Non deixaba falar, incluso a propia secretaria municipal tivo que decirlle que si había dereito a réplicas nos ruegos orais”.
En canto a asigancion das dedicacions a postura do partido socialista foi clara coma xa avanzou nestes dias. “Se ben e certo que o presuposto para as dedicacions e o mesmo que no anterior governo, 84.500€ tamen e ben certo que o 70% do mesmo vai destinado ao salario da alcaldesa(59.000€)”.
Polo tanto “consideramos totalmente desproporcionado esa distribucion das dedicacións, e esa subida tan desprorcionada pasando a cobrar 15.500€ máis que a anterior alcaldesa socialista, Maria Loureiro.
O grupo socialista presentou dous rogos, un referido a denegación da megafonfa e a tarima para manifestación do pasado domingo en defensa da sanidade publica e o segundo foi que explicase porque cancelou a suscripcion (xa aprobada e consginada) do xornal “El país” e a revista “saber vivir” para a biblioteca municipal.
“Lamentamos esta actitude tan despótica da Alcaldesa xa no primeiro plen no que viña malhumorada e censurando á oposición”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



