Foz, 11 de abril de 2025. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, realizou unha visita esta tarde ao complexo turístico Cabañas do Mar do concello lucense de Foz.
Durante o seu percorrido polas instalacións, a conselleira explicou que esta iniciativa foi impulsada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda, que opera nesta contorna, a través dun orzamento de 155.658 euros procedentes do programa Leader. Gómez louvou os beneficios desta medida, que ten “unha repercusión moi positiva sobre o tecido socioeconómico das zonas rurais”, xa que coa súa xestión contribúese a mellorar as condicións para fixar poboación e crear e manter emprego no rural.
O programa Leader conta cun orzamento de 56,9 millóns de euros ata 2027. Deste investimento, 17,6 millóns están destinados aos gastos de funcionamento, polo que con este montante os Grupos de Desenvolvemento Rural poderán dispoñer dos medios humanos e materiais necesarios para desempeñar as súas funcións de dinamización territorial. Os 39,6 millóns de euros adicionais serán para as operacións a terceiros que se executarán a través das liñas de axudas que convoquen os GDR.
Así, María José Gómez destacou o positivo balance do anterior período Leader, cando a medida estaba incluída no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, que permitiu aprobar máis de 1.500 proxectos, consolidar máis de 4.000 empregos e crear uns 1.100 novos. Mobilizáronse máis de 169 millóns de euros, cunha axuda pública de 77,5 millóns de euros para operacións a terceiros.

















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



