A Xunta de Goberno sacou adiante unha nova convocatoria para que as entidades de Terras de Miño e Ancares poidan optar a subvencións de entre 2.000 e 12.000€ para financiar accións que promovan a posta en valor do patrimonio destes territorios
Lugo, 25 de abril de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres triplicar este ano as axudas destinadas ao tecido asociativo das Reservas da Biosfera Terras de Miño e Os Ancares Lucenses que xestiona a institución provincial. Concretamente, a Deputación achegará un total de 340.000€ ás entidades e colectivos sen ánimo de lucro que traballan nestes territorios a través de diferentes convocatorias. Así o informou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, tras a reunión semanal.
Explicou Rivera Capón que a Deputación sacou, por unha banda, unha nova convocatoria de axudas para financiar investimentos e outra para actividades.
En total serán 150.000€ para investimentos que promovan a posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios. Concretamente serán 100.000€ para repartir en proxectos que se enmarquen na Reserva da Biosfera Terras do Miño e outros 50.000€ para iniciativas que teñan que ver coa Reserva dos Ancares. “Unha nova liña de axudas coa que damos un paso máis no desenvolvemento sostible da nosa provincia e na conservación e posta en valor das Reservas da Biosfera”, valorou o Deputado, quen explicou que se trata dunhas axudas “que poñemos en marcha co obxectivo de complementar as xa existentes nestes territorios”.
Os solicitantes poderán recibir unha contía de entre 2.000 a 12.000€ que servirá para a reposición de sendas e camiños; a conservación de elementos culturais e etnográficos como hórreos, pallozas ou muíños; proxectos que promovan a información e a divulgación do patrimonio das Reservas como páxinas webs ou aplicacións; ou iniciativas para o fomento de emprego e a produción local tradicional.
Incremento das axudas para desenvolver actividades
Ademais a Xunta de Goberno aprobou reforzar economicamente a liña de axudas destinada a financiar as actividades impulsadas por estas entidades.
Unha iniciativa que, segundo lembrou o Deputado, o ano pasado contou cun orzamento de 110.000€ e permitiu levar a cabo un programa de máis de 40 proxectos relacionados co lecer saudable e a educación ambiental. “Este ano incrementaremos esta liña de axudas para as dúas Reservas nun 72%, ata os 190.000€”, detallou.
Concretamente, serán 120.000€ a repartir entre os colectivos que propoñan actividades para que se desenvolvan na Reserva da Biosfera Terras do Miño; e outros 70.000€ para actividades que teñan lugar na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses. Os solicitantes poderán pedir, un ano máis entre 1.000€ e 7.000€ por cada proxecto.
O prazo de presentación de solicitudes para optar a calquera destas axudas -tanto para financiar investimentos como para financiar actividades- será de 15 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación destas convocatorias no Boletín Oficial da Provincia, prevista para mediados da próxima semana.





















O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



