O escritor Manuel Vázquez impartirá 50 obradoiros e charlas interactivas ao longo do ano
Lugo, 9 de abril de 2025. A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha a segunda edición do programa “A vangarda está na aldea”, dirixido a revalorizar a tradición cultural do rural e remarcar as súas potencialidades parao futuro.
Tras a boa acollida da primeira edición, que se centrou nos centros de ensino secundario, o proxecto amplía a súa cobertura, e ofrecerase tanto a institutos como a clubs de lectura e colectivos asociativos e veciñais.
Trátase de charlas interactivas artelladas arredor de materiais fotográficos e literarios, como as fotografías de Carlos Valcárcel, Ton van Vliet, Antón Beiras, Ruth Matilda Anderson ou Ian Colquhoum, que retrataron desde distintas perspectivas a Galiza rural do século pasado, e a novela “O pracer da chuvia” do escritor polense Manuel Vázquez, que se encarga de impartir as actividades.
O deputado de Rural Daniel García explicou que “A Vangarda está na Aldea é sobre todo unha aposta polo futuro, por transmitir a tradición cultural do noso rural con optimismo e confianza para reforzar a proxección deste tecido económico e social que xera actividade e vida no rural”
Nese sentido, explicou que “o proxecto complementa os obxectivos do programa “Da Escola á Granxa”, que permitiu nestes 3 anos de vida achegar a 18.000 nenas e nenos de toda a provincia un catálogo formativo orientado á formación rural no ámbito da educación infantil e primaria, a través das anpas de toda a provincia de Lugo”
Manuel Vázquez sinalou que “non so é importante fomentar o relevo xeracional nos proxectos agrícolas e gandeiros, senón que tamén é decisivo que no urbano se mire cara ao rural como un valor cultural, económico e social que nos da particularidade como pobo. Debemos saber que o noso é un rural moderno, que ten como base a cultrua labrega tradicional e que se enriquece coa formación científica e técnica. Ademais cada vez resulta máis factible teletraballar e desenvolver diferentes profesións desde o rural. A aldea ten futuro, diferente do seu pasado,pero conectado con el”, concluíu.
O programa, que se complementa coa distribución do libro “O pracer da chuvia”, despregará un total de 50 obradoiros ao longo do ano Os primeiros, celebraranse no CPI de Guntín (14 de maio), no CPI do Saviñao (20 de maio) e no IES Lama das Quendas de Chantada (23 de maio).





















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.


