O prazo finaliza o 13 de maio ás 15 horas
Barreiros, 24 de abril de 2025. O Concello de Barreiros ten aberta a licitación das obras para a mellora e dotación da cafetería do Centro Social de San Cosme, nas que se inclúen obras interiores, exteriores e equipamento de mobiliario de cociña. Poderán presentarse ofertas ata o vindeiro 13 de maio ás 15 horas e toda a información do procedemento está dispoñible na Plataforma de Contratación do Estado, no perfil do Concello de Barreiros.
A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata dunha “intervención practicamente na totalidade do local para poder dotalo das condicións esixidas aos locais abertos ao público, garantindo a seguridade e hixiene tanto das persoas usuarias como das explotadoras do negocio”.
Ermida lembra que “o investimento é ambicioso e que requiriu da elaboración de proxectos para adecuar as instalacións existentes ás obrigas que ten que cumprir calquera local deste tipo e que tratándose dun local de titularidade municipal non é de recibo que non cumpra con normativas e condicións que se esixen universalmente”.
Obras exteriores, interiores e mobiliario
As obras exteriores, destinadas fundamentalmente á eliminación das humidades existentes, inclúen entre outras cuestións a impermeabilización da fachada, así como a retirada da lousa que a recubre para substituíla por un novo material que mellore a eficiencia enerxética, a execución dunha nova cuberta con illamento térmico e o cambio das portas de acceso.
As obras interiores consistirán na adecuación das instalacións de fontanería e electricidade á normativa existente, substitución de luminarias e dotación de auga quente. Inclúese así mesmo, o pintado completo do local.
A maiores, e de cara a cumprir co fin previsto, dotarase ao local do mobiliario de cociña e electrodomésticos adecuados ao uso profesional do mesmo.
As obras teñen un prazo de execución máximo de 4 meses e, unha vez realizadas, poderá poñerse en marcha o procedemento para a explotación do local polas persoas interesadas.
O custo total da intervención supera os 54.000 euros, que son financiados mediante o Plan Deputación cunha aportación de 48.500 euros e o Concello de Barreiros, con cargo a fondos propios.





















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



