Foz, 29 de abril de 2025. Ata o 8 de maio se desenvolverá a campaña do día da nai organizada por Acia Foz-CCA.
Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados desde o pasado venres, día 25, e ata o 8 de maio entrarán no sorteo de 5 premios de 100 euros en vales de compra cada un.
O sorteo terá lugar o 12 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local. Aquí en Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día”. E engade que “tamén toca festexalo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración disposto a sorprendernos coas súas propostas gastronómicas nunha celebración tan especial como é a do día da nai”.
Acia Foz-CCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a campaña do día da nai.
Na presentación da campaña participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e o presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo.