O pleno do xoves aprobará as ordenanzas para o funcionamento do mesmo, adaptadas á nova realidade da instalación
Barreiros, 2 de abril de 2025. Barreiros contará desde o vindeiro mes de maio cun ximnasio municipal moderno, dotado de nova maquinaria e cun sistema de acceso que permitirá unha ampla dispoñibilidade horaria.
Para amosar o seu funcionamento e promocionar o seu uso, o Concello prepara para o vindeiro mes de maio xornadas de portas abertas e actividades de fomento da actividade física e de hábitos de vida saudable, onde a maiores de descubrir este renovado servizo municipal, as persoas usuarias poderán coñecer da man de distintos profesionais todos os beneficios que conleva a actividade física.
Obras de reforma integral para subsanar unha instalación deficiente
O concelleiro de dinamización veciñal, Dani García, explica que “a instalación presentaba múltiples deficiencias que provocaron o peche no seu día polo incumprimento das mínimas condicións técnicas esixidas para a actividade.” Despois do estudo de distintos proxectos de reforma do espazo e da busca de financiamento para acometer as obras, desde o goberno local optouse por “unha reforma integral, mellorando a accesibilidade e creando novos espazos de uso compartido co pavillón municipal como son a enfermería, almacén, a recepción e baños adaptados, dos que carecían ambas instalacións; dando cumprimento así ás normativas técnicas e creando espazos deportivos funcionais e modernos, acordes cos tempos”, afirma.
Ademais, afrontouse a renovación do 100% dos equipamentos e máquinas do ximnasio, o cal mellora en calidade e cantidade as potencialidades das salas, que serán reorganizadas en función das zonas de cardio, musculación, peso libre e adestramento funcional. Contará tamén cun chan renovado, melloras a nivel acústico e de illamento no teito e novos espellos que posibilitará a realización dos exercicios dunha forma máis controlada.
Esta importante obra súmase ás acometidas na instalación deportiva (que inclúe o pavillón municipal) nestes últimos anos como foron a sustitución integral da cuberta que presentaba múltiples goteiras, a renovación da iluminación da pista que era insuficiente e a instalación dun portalón de acceso directo á pista por motivos de seguridade.
A financiación da obra foi posible grazas á importante colaboración da vicepresidencia de Deputación de Lugo cunha achega de 144546,42€, que se complementou cunha subvención obtida polo Concello de 54.546,42€ nunha convocatoria da Xunta de Galicia, que incluía 44.546,41€ para obras e 10.000€ para maquinaria.
O Concello aportou máis de 20.000€ de fondos propios e asume a renovación da maquinaria non subvencionada.
Unha ordenanza municipal adaptada á nova instalación
No vindeiro pleno do Concello de Barreiros aprobarase a nova ordenanza de uso e fiscal que regulará esta renovada instalación con prezos reducidos para persoas empadroadas e na que se detallará, entre outras cousas, a forma de acceso á instalación.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



